Despois da parada do verán e das actividades polo Pirineo, o grupo de montaña do club deportivo Marqués de Casariego de Tapia, volve organizar saídas de fin de semana polos Picos de Europa. O 31 de agosto farán a ruta de Vega d’Ariu polo concello de Cangas de Onís e o domingo 1 de setembro achegaranse á Feira Campomar de Tapia para descender en canoa polo Cares e practicar algún outro deporte de aventura coma paintball, quads ou escalada, entre outras. O prezo da viaxe ascende a 87 euros, 67 para os socios e 57 para os socios colaboradores coa viaxe, o aloxamento no hotel, a cea do sábado, o xantar do domingo e o alugueiro de canoas. Os interesados pódense anotar antes do mércores 28 nos teléfonos 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Rafa) ou 608 540 828 (Eva).
De aventura polos Picos de Europa
De aventura polos Picos de Europa
Relacionado
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas