Un ano máis, e xa van 9 edicións, a asociación de veciños de Cervo e Sargadelos expón os traballos realizados durante o curso 2012 / 2013, unha das actividades desenroladas durante os meses de outubro-12 a xuño-2013 nos cursiños de costura e bordado, bolillos e outras manualidades. A inauguración da exposición dos traballos será o vindeiro luns día 12 ás 18:00 h, no local do Ecomuseo de Cervo, podendo verse de luns a venres de 18:00 – 20:30 horas e o sábado 17, de 11:00 – 18:00 horas, formando parte dunhas das actividades das festas patronais de Cervo. Esperando que acudan a visitar a exposición que merece a pena ver, esta asociación quere desexarlles a tódolos veciños e veciñas de Cervo e a todas as persoas que nos visitan nesta época estival, unhas Felices Festas de San Roque.





















Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



