O vindeiro sábado inaugúrase a XXVIII Feira do Libro, programación que hai 27 anos ven celebrándose, sen faltar a unha soa edición.. Cando en 1986 xestionouse a implantación da mesma, co proxecto de continuidade, xurdiran serias dúbidas sobre a súa viabilidade pois outras feneceran en prazas de maior entidade. O do libro é un mundo complexo e difícil, sobremaneira onde, coma en Galicia, o índice de lectura é francamente baixo Pero o tempo situou ó certame focego como o máis exitoso dos que teñen lugar en vilas, e decano deles.… Pode dicirse que para a vila trátase do evento cultural mais importante da súa historia, se atendemos a consideracións puramente obxetivas: é o que mais perdura no tempo; o de maior participación (ao longo das 27 xa celebradas foron milleiros os/as visitantes) e o acontecemento que trouxo ó pobo un maior número de xente da cultura, xa como pregoeiros, conferenciantes, presentando e asinando libros, rapsodas, relatores, contacontos… Nesta ocasión será a bisbarra de Alfoz e Valadouro a que teña un especial protagonismo: Pregoará a Feira o coñecido escritor e prestixioso actor alfocense Manuel Lourenzo, que asemade presenta o libro da súa autoría “As luces do castelo”; por outra banda Lionel Rexes amosa o seu curioso traballo de investigación. “Ditos e refráns do Valadouro”, ambas publicacións do Seminario de Estudos do Valadouro… E tamén terá unha notoria presencia o que está sendo un éxito sen precedentes na historia editorial da Mariña: “Lembranzas musicais do Valadouro”, obra na que Paco Piñeiro e Paz Rodríguez realizaron esforzos titánicos para ofrecer o mais completo e fiel tratado do que o cronista define como “a epopeia musical que perante un século escribiron as xentes daquelas terras” das que, que saibamos, non existe parangón. Témolo por caso único, en espacio territorial e humano tan reducido..Alédanos a presencia destes vellos amigos no certame focego aínda que, por esta vez, non podamos disfrutar de tan desexada e grata velada.
Suso Fernández.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



