As instalacións do hotel restaurante Voar estanse convertendo no lugar ideal para calquera tipo de celebración: vodas, comuñóns, bautizos, comidas familiares, eventos, reunións de amigos ou aniversarios. A pasado fin de semana a terraza do Voar acolleu a celebración dunha festa de aniversario. Os asistentes degustaron diversos pratos preparados polo cociñeiro Manuel López Valencia para concluír a velada cunha sesión de fogos de artificio. Ademais, na carta de verán del hotel restaurante Voar podemos encontrar arroces, bonito en diferentes preparacións, pescados, mariscos vivos e carnes de primeira calidade, que se poden degustar tanto nos seus comedores coma na terraza. Os seus amplos comedores están preparados para acoller calquera celebración ou evento. De feito, os xogadores e corpo técnico do Deportivo da Coruña cearon este martes no Voar despois de disputar o partido do centenario do Ribadeo FC fronte ao Real Oviedo que finalmente foi para os galegos que repuxeron forzas neste restaurante ribadense. Xogadores coma Manuel Pablo non dubidaron en fotografarse con algúns seguidores que os agardaban á saída do Voar. O hotel restaurante Voar conta con propostas e menús diferentes para que os seus clientes elixan os que máis se adapten ós seus gustos. Aquelas parellas que reserven a súa voda durante este 2013 poderán beneficiarse de promocións especiais.























Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



