Lourenzá, 16 de agosto de 2013. O Concello de Lourenzá logrou reducir considerablemente o período de pago das facturas de gastos correntes presentadas polos provedores. Así se deu a coñecer no pleno da corporación municipal celebrado hoxe, sesión na que foron aprobadas por unanimidade a ordenanza reguladora da venda ambulante e a modificación das taxas para os postos que se instalan nos mercados.
A portavoz do goberno local, Lupe Flórez Seivane, destacou que “no capítulo de gastos correntes no que fai referencia ás facturas do segundo trimestre e dos pagos das mesmas que se están efectuando a comparativa do mesmo período respecto ao ano pasado indica unha baixada no período de pago a provedores O pago dos gastos correntes, dependendo do capítulo no que se contemplen, facíanse nun período de entre 205 e 138 días e neste ano 2013 acadamos unha baixada ata o intervalo de entre 78 e 63. Estamos pretiño de chegar ao que indica a normativa legal, que establece o período total de pago a provedores en 60 días. Polo tanto pensamos que debemos seguir traballando na mesma liña para tratar de axustarnos á legalidade no menor período de tempo posible”.
Lupe Flórez engadiu que “aprobamos, cos 6 votos a favor do equipo de goberno e as abstencións dos grupos do PSOE e do BNG, o regulamento de axuda no fogar para aplicar no concello. Polos prazos legais, entre a exposición ao público e anuncio, etcétera, a aplicación deste regulamento non estará vixente antes do ano 2014. A intención é adaptarnos á normativa autonómica, concretamente ao decreto que a Xunta de Galicia estableceu ao respecto”.
Por outra parte, no pleno de hoxe “con 7 votos a favor, do PP e do BNG, desestimáronse as alegacións que a Confederación de Empresarios da Madeira presentara á ordenanza de uso de vías municipais, para o que nos baseamos fundamentalmente na exposición e análise dun informe xurídico que se realizou a través da Secretaría da Mancomunidade de Municipios da Mariña, xa que a ordenanza é común para todos os municipios que a conformamos. Unha vez sexa publicado no pertinente boletín oficial estará en plena vixencia”, explicou a voceira do equipo de goberno.
Lupe Flórez resaltou que foron aprobados por unanimidade dos 11 concelleiros da corporación de Lourenzá dous puntos da orde día que se refundiron nun só: “a ordenanza reguladora dos postos do mercado e venda ambulante e a taxas aplicables”.
Tamén saíu adiante a moción do grupo municipal do Partido Popular para instar á Deputación Provincial a manter a axuda económica que nos viñan prestando dende o ano 2007 consistente en 4.000 euros para a celebración da Festa da Faba, declarada de Interese Turístico Galego. Neste asunto “acadamos o acordo co grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, que apoiou esta moción, mentres que o PSOE abstívose. Demandamos á Deputación Provincial de Lugo que manteña o importe económico de dita axuda, que o ano pasado se vira reducida drasticamente, de 4.000 a 1.000 euros. Pedimos que se manteñan os 4.000 euros baseándonos na comparativa doutros eventos que temos na comarca e para os que a axuda económica segue sendo a mesma. Por tanto nós pensamos que é de xustiza que Lourenzá siga recibindo a mesma axuda, porque a outros eventos non se lles reduciu a cantidade económica que aporta a mesma institución” comentou Flórez.
A portavoz do goberno municipal manifestou que na sesión de hoxe tratouse ademais a moción do grupo popular para establecer unha axuda anual á sociedade centenaria Hijos de Lorenzana en La Habana e “o acordo ao que chegamos os grupos do BNG e do PP, xa que o PSOE abstívose, foi contemplar nos presupostos anuais, previo informe da secretaria do Concello, unha subvención nominativa de 200 euros anuais que o Concello aporta para o desenrolo das distintas actividades que esta sociedade está levando a cabo e o mantemento do panteón onde repousan os restos dos laurentinos e socios falecidos”.
Para rematar Lupe Flórez explicou que a moción presentada polos tres grupos municipais relativa ao vial coñecido como Camiño A foi aprobada por unanimidade. Nela “ínstase á Deputación Provincial de Lugo a firmar o convenio de cesión desa estrada sempre e cando se anule unha das cláusulas do convenio que reflicte unha serie de arranxos que consideramos excesivos para facer o transvase de titularidade dese vial”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



