Os xardíns do Eido Dourado enchéronse de xente o pasado domingo para disfrutar da actuación da cantautora de ópera, jazz e música de raíz galega Mónica de Nut. O seu concerto “atípico”, segundo Celso Dourado, sorprendeu aos asistentes na que foi “a aposta máis firme do Eido Dourado pola música de vangarda neste verán de 2013”. Os concertos no Eido Dourado, na praia da Pasada en Barreiros, seguirán ao longo do mes de agosto.
