Burela, 26 de agosto de 2013. Mañá martes, 27 de agosto, o alcalde de Burela, José María González Barcia, recibirá no Concello ao antropólogo Tadashi Yamamoto, profesor da Universidade de Tenri, en Mara (Xapón). O acto terá lugar no Concello ás 13 horas. O profesor nipón estará acompañado pola súa dona, Kazumi, e polo xornalista Moncho Paz, vello amigo da parella.
Tadashi Yamamoto é un namorado da cultura galega, dende que hai dez anos fixo a súa primeira viaxe a Galicia e tivo a oportunidade de coñecer as nosas manifestacións culturais, amosando un especial interese pola música tradicional e pola lingua. De feito, dende que cursou o programa de galego para estranxeiros impartido polo Instituto da Lingua Galega (ILG), dependente da Universidade de Santiago de Compostela (USC), fala fluidamente o noso idioma. Como parte da súa actividade docente en Xapón, organiza -en colaboración cos USC- estadías culturais en Galicia para os seus alumnos.
Asemade, adícase aos temas antropolóxicos de México como festas calendáricas e cosmoloxía dos antigos aztecas, ritos agrícolas e sincretismo dos indíxenas contemporáneos, e movemento social e cultural dos migrantes indíxenas mexicanos nos Estados Unidos de América. Como persoal docente do Departamento de Estudos Hispánicos da referida universidade, dende o ano 2004 organiza o programa de lingua e cultura española en colaboración con Cursos Internacionais da USC.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



