Cervo, 8 de agosto de 2013.- O Concello de Cervo ten previstos todos os medios e recursos necesarios para poñer en marcha os dispositivos especiais de seguridade e limpeza con motivo da celebración esta fin de semana da Maruxaina.
No caso do operativo de seguridade, hai que resaltar que aos efectivos da Policía Local e Protección Civil de Cervo sumaránselles os reforzos da Policía Autonómica e do destacamento da Garda Civil de Burela.
Este ano, ademais, existe unha novidade en materia de seguridade, xa que o disparo do castelo pirotécnico realizarase nesta ocasión dende o dique Anxuela. Un traslado co que se pretende cumprir estritamente coa nova lexislación en materia de fogos artificiais que pretende incrementar a seguridade neste tipo de espectáculos.
Ao mesmo tempo, a Policía Local está traballando xa na previsión dos cortes de circulación que se producirán nalgunhas rúas da vila. En concreto, non se poderá circular nin estacionar na avenida da Mariña no treito entre a rotonda da Casa do Mar e Correos, e nas rúas do Torno, Beiramar e Figueiras.
Ao mesmo tempo, a Policía Local informa de que están previstas rutas alternativas que permanecerán sinalizadas. Así, para cruzar San Ciprián en dirección ao Faro poderase utilizar a rúa dos Campos, onde só se poderá circular e en ningún caso estacionar nin parar debido precisamente a que esa será a arteria principal de comunicación da localidade durante o sábado. O mesmo ocorrerá na praza do Lugar e a do Penal, mentres a rúa Aduana será a indicada para baixar do Faro cara o centro da vila. De todos os xeitos, é recomendable evitar na medida do posible o acceso co vehículo ao núcleo de San Ciprián durante este día.
Dispositivo de limpeza
O Concello tamén traballa na posta en marcha dun dispositivo especial de limpeza a través do cal mobilizarase a un grupo de 30 operarios municipais, que comezarán a limpar as rúas da vila dende a mañá cedo para tentar recuperar a normalidade o antes posible.
Neste sentido, a administración local ten previsto ademais outras medidas, neste caso máis preventivas, como a posta a disposición de máis contedores. Nesta ocasión, o Concello duplicará o número de colectores nas rúas para facilitar á poboación o depósito do lixo. Tamén se colocarán aseos públicos nas zonas de festa.
Unhas accións, todas elas, “dirixidas a garantir por unha banda a seguridade durante a celebración desta festa de Interese Turístico Galego e que convoca a grandes multitudes de persoas e, pola outra a asegurar o bo estado da vila ao remate dos actos de forma que sexa posible combinar o ambiente festivo co respecto e a responsabilidade” explica o edil de Seguridade, José Ramón Soto.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



