Dende o PSdG-PSOE de Burela xa temos denunciado en nota de prensa emitida o pasado 18 de xullo, así como nos Plenos do Concello mediante o noso Grupo Municipal, a nula xestión turística que dende o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela se ven levando a cabo. As declaración que aparecen hoxe nos medios de comunicación da zona da que di ser a Concelleira de Turismo, Sra. Mónica Pedre, non fan máis que darnos a razón nas nosas críticas, e non fan máis que reafirmar que o que nos temos denunciado é a triste realidade de Burela. Estando de acordo con ela en que a Xunta de Galicia gobernada polo Partido Popular ten totalmente abandoados ós Concellos e os veciños e veciñas de Burela, non é menos certo que dende o equipo de “desgoberno” algo máis que escudarse nisto se debería de facer. Como sabemos que este equipo de “desgoberno” vai facendo as cousas en función das críticas que nós lles facemos, imos a facerlles tres propostas para que solucionen á maior brevidade o despropósito e o dano que lles están a facer ós veciños de Burela e ó seu sector hostaleiro, e cubran inmediatamente o posto de información turística para os nosos visitantes:
1º.- Que pasen a un funcionario do Concello a facer estas funcións, adaptando o seu horario coas horas que poidan ter máis afluencia de turistas a este posto. Como temos serias dúbidas de que este equipo de “desgoberno” sexa capaz de xestionar os recursos humanos do Concello, imos a facerlle a seguinte proposta.
2º.- Que fagan un recorte dos gastos de dietas e representación que o ano pasado superaron os 12.000 euros (dous millóns das antigas pesetas), có que aínda lles quedarían cartos para viaxar e viaxar, e que se use ese aforro para poder contratar a unha persoa que se ocupe de estas función. Estamos seguros que con case 700 parados no noso Concello, a alguén preparado se encontrará para cubrir este posto, e seguro que lle virá moi ben este traballo para ir tirando ante a situación de desemprego que temos no pobo.
3º.- Se as opcións anteriores, que nos consideramos do máis razoable, non lles valen, pois directamente que se contrate a unha persoa con cargo ó presuposto municipal e que eles mesmos elixan de onde recortar este gasto, que para iso os elixiron os veciños e veciñas de Burela para xestionar e non para recortar os servizos tan básicos para a economía do pobo como pode ser o turismo.
Para rematar, queremos que o Sr. Alcalde como máximo responsable de este tipo de despropósitos debe de darlle unha explicación convincente ó sector hostaleiro de Burela de como mentres se gastan os cartos en presentacións das nosas festas nunha Parrillada privada en Lugo e despois se pecha a oficina de turismo ou o barco museo. As nosas preguntas son, ¿Non temos locais de hostalería en Burela onde se poidan facer estas presentacións? ¿Canto lle custa ós veciños e veciñas de Burela isto? ¿Como e cando se vai a solucionar esta situación?. A nós parécenos de unha desvergoña política enorme estas situacións que estamos a vivir no noso Concello, o único da Mariña en que se da esta situación tan esperpéntica.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



