Esta programación, comeza cunha mostra de baile de salón a cargo do club de baile GOLDANCE de O Valadouro e que vai a ter lugar o vindeiro sábado, 31 de agosto a partir das 22:00 horas no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro con entrada de balde e con capacidade suficiente para acoller ó numeroso público que ata o recinto se achegue. En esta edición, chegamos á V edición e que se en anos anteriores se celebrou en distintos formatos ata consolidar a actividade como habitual dentro da programación cultural complementaria das Festas de Ferreira.
A seguinte cita é o domingo 1 de Setembro ás 21:00 horas no salón de actos da Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de Ferreira co programa da Excma. Deputación Provincial de Lugo Buxiganga e que achegará o color dunha obra de teatro como é “os vellos non deben de namorarse” de Castelao e que vai a interpretar o colectivo cultural de teatro Ollomao de Reinante. Un grupo de teatro que conta con varios intérpretes moi vinculados coa vida cultural e educativa da vila de Ferreira.
En paralelo con estas actividades, estase a realizar unha exposición de bonecas con traxes rexionais a cargo da asoc. cultural O Feitizo de Foz e Asoc. Cultural Amado Lar de O valadouro.e que comezou o pasado martes, 27 de agosto e ata o 28 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 de luns a sábado e de 17:00 a 21:00 de luns a venres. A exposición ten lugar no hall-sala de exposicións da casa da cultura do concello de O Valadouro.
O luns, 2 de setembro a partir das 22:00 h. inaugurase a XXVIII semana do teatro afecionado de O Valadouro co grupo xuvenil A Maseira de Alfoz-Valadouro que vai a interpretar a obra “DEUSAS” de José Vázquez Peinó e que se vai a interpretar no salón de actos da casa da cultura do concello de o Valadouro. As seguintes citas teatrais nesta edición son o martes 3 co grupo Irmáns Vilar Ponte de Bravos (Ourol) e coa obra da autora Ourolesa Esmeralda Vázquez “IMONOS PARA BENIDORM”. A seguinte cita, o mercores 4 cun dos grupos máis alaudeados e premiados da mariña luguesa, o grupo O Bordelo de Cervo coa obra do seu proxenitor, Paco Piñeiro, ABORDELAR. A nota seguinte, unha obra de teatro baseada en feitos reais e a terceira actuación despois de ser estreada fai uns dias en Fazouro,a obra “SEN SEU AMOR” de Paco Piñeiro e que se vai a escenificar o xoves 5 de setembro de 2013 ás 22:00h. Para rematar, a semana do teatro o estreno máis agardado do ano para finalizar a edición número XXVIII do teatro afecionado de O Valadouro co grupo de teatro local Raiolas que vai a estrenar o seu ultimo traballo, “RUIDOS NA CASA”. Unha cita para o venres 6 de setembro ás 22:00h. no salon de actos da casa da cultura de Ferreira con entrada de balde para todos os públicos. Unha cita para cada dia da semana no Valadouro coa semana do teatro afecionado de O Valadouro no salón de actos da casa da cultura de ferreira de luns a venres ás 22:00h.
A seguinte actividade, será o vindeiro sábado, 7 de setembro na praza de Santa María coa XXVI mostra folclorica da Asoc. cultural Amado Lar de O valadouro e na que a súa cita será na praza de santa maria ás 20:00h. Participarán os grupos asoc. cultural “A Legua Dereita” de O Corgo, asoc. cultural “A subela” e a asoc. cultural “Amado Lar” de O Valadouro.
Rematan as actividades culturais e lúdicas da Festas do Oito con Xogos Populares e Tradicionais e para todos os nenos que ata Ferreira se acheguen o sdomingo, 8 de setembro a partir das 18:00 horas na Praza de santa María.
Unha programación moi variada e diversa para todos os publicos e animar a veciños e visitantes a visitar e disfrutar das diversas actividades programadas para estas xornadas en O Valadouro.




















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



