Os cadernos números 1 e 2 do Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA), presentados a nivel local o pasado 13 de xullo na Casa da Cultura do Valadouro: As luces do Caselo, Manuel Lourenzo (obra dramática ambientada no Mercado Medieval de Alfoz) e Ditos e refráns do Valadouro, Lionel Rexes (estudo da paremioloxía local), que contan co deseño das portadas realizado polo artista plástico Xosé Blanco; pódense adquirir no Bar Rodolfo e Castelo do Castrodouro (Alfoz), Estanco da Praza e Libraría Marta (Ferreira) e na Libraría Mahía de Foz. Así mesmo, na sesión vermú da Festa dos Chóferes (Alfoz) do sábado 3 de agosto os autores asinarán exemplares a quen desexe adquirir o caderno. Por outra banda, terá lugar unha nova presentación na Feira do Libro de Foz o vindeiro luns 19 ás 20:00 h., evento que abrirá as súas portas o sábado 17 cun pregón de Manuel Lourenzo.






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



