A Asociación de Emigrantes Retornados da Mariña vai celebrar o vindeiro mércores 4 de setembro ás 20:30 na Casa Sindical de Ribadeo unha reunión informativa na que están convocados todas a todos os veciños da Mariña, de xeito moi particular da área oriental da Comarca, que teñan emigrado e que a día de hoxe están cobrando unha pensión do estranxeiro onde contaremos coa presenza dun asesor fiscal, a fin de explicar o problema, aclarar as dúbidas e manternos informados dos pasos a dar diante das inspeccións que nos vai facer facenda e de presentar as alegacións oportunas diante da primeira petición que chegará reclamándonos o diñeiro.
A Asociación que está en fase de constitución vai dedicar esta semana a continuar informando aos mariñaos e mariñás sobre esta problemática, posto que a día de hoxe a grande maioría dos afectados, isto é dos emigrantes retornados que por non chegar ao máximo legal non estaban obrigados a facer a declaración da renda, non son coñecedores que a Axencia Tributaria está procedendo a inspecionalos nuns casos e noutros a sancionalos, o que provoca problemáticas diferentes. Neste sentido desde o colectivo temos aberta unha conta de correo electrónico emigrantes.retornados.amariña@gmail.com que pretende funcionar como unha oficina virtual de información aos afectados, neste sentido solicitamos de aquelas persoas que queiran facer chegar as súas dúbidas para ser resoltas por un asesor fiscal poidan facelo.
O colectivo de afectados da Mariña denunciou que a maiores das sancións que lle están impor aos emigrantes pola dobre imposición e que foi o obxecto do nacemento deste colectivo, a facenda tributaria está abrir unha nova vía para recadar pola vía do que fixa o modelo 720 e que determina multas de entre 30.000 e 10.000 euros para aqueles emigrantes retornados que tendo bens no estranxeiro que superen en total os 50.000 euros non procederan a facer unha declaración informativa indicando que se é propietario dos mesmos. Os bens obxecto deste modelo de declaración son contas, valores, dereitos, seguros, rendas, bens inmóbeis e dereitos sobre bens inmóbeis, entrou en vigor en xaneiro deste ano finalizando o prazo para declarar en marzo de 2013, nos anos anteriores non se declaraba por este concepto, asemade a multa non só afecta a quen non fixese a declaración informativa senón tamén a quen esquecese de incluír algún ben na mesma.
Os afectados e as afectadas coincidiron na necesidade de agruparse e presionar ao goberno ao fin de que se proceda a modificar a actual normativa na liña das proposicións non de lei propostas pola totalidade das forzas da oposición no Congreso e nas que se propón a supresión dos intereses de demora e as eliminación das sancións que a día de hoxe afectan arredor de 30.000 persoas no noso país. Non é tolerábel na nosa nosa opinión e unha autentica inxustiza que o mesmo Estado que nos obrigou a emigrar, o mesmo Estado que nos botou polo mundo adiante e se aproveitou das divisas do noso traballo nos multe agora impedindo resolver un erro provocado por eles, mentres promove amnistías fiscais para os ricos e os millonarios, entres eles algúns banqueiros que xa nos roubaron nas preferentes. Non temos a máis mínima dúbida de que estamos diante dunha estafa das dimensións da das preferentes onde mesmo se ten pretendido cobrar a persoas que morreron en 2009 ou 2010.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



