Burela, 5 de setembro de 2013. A Comisión Informativa e de Seguimento do Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Burela informou favorablemente o documento na súa reunión celebrada no día de hoxe, cos votos favorables do Partido Popular e a abstención do PSOE.
Durante a reunión da Comisión Informativa e de Seguimento, técnicos do equipo redactor, a consultoría OTEA, explicaron polo miúdo o documento que se someterá a aprobación provisional nunha sesión plenaria de carácter extraordinario que o alcalde, José María González Barcia, convocou, logo de rematada a Comisión Informativa, para o vindeiro luns, 9 de setembro, ás 10 da mañá.
O rexedor burelés manifestou que “aínda que os grupos coñecen a documentación, porque se lles entregou coa convocatoria da comisión, a reunión da comisión é preceptiva xa que foi unha comisión creada ‘ad hoc’ para este asunto, e que se disolverá cando se aprobe definitivamente”. Ademais, indicou Barcia “non queremos que haxa o menor ápice de dúbida sobre a tramitación do Plano Xeral de Ordenación Municipal. Non me gustaría que soase a desculpa anticipada, pero a tramitación do mesmo está seguindo de forma escrupulosa os pasos, trámites e prazos que marca a lexislación vixente na materia”.
González Barcia subliñou “a fondura do contido da reunión, os membros asistentes deberían ter unha imaxe exacta do que se proxecta cara ó futuro de Burela, despois da exposición detallada do equipo redactor”.
O alcalde aproveitou para destacar e poñer en valor o traballo de OTEA, a consultoría encargada de desenvolver o documento: “a súa implicación foi absoluta: souberon captar perfectamente o que nós queríamos, souberon plantexar axeitadamente as solucións que se demandaban e estiveron á altura das circunstancias en todo momento cando así se lles demandou”.
O rexedor burelés convocou o pleno, logo do remate da comisión informativa, para o vindeiro luns ás dez da mañán. O pleno será de carácter extraordinario. Barcia manifestou que “igual que traballamos a velocidade de cruceiro durante vinte e un meses, tamén vamos a ritmo de cruceiro agora. Queremos aprobar provisionalmente o PXOM dentro dos prazos que marca a normativa vixente no tocante á convocatoria de comisións informativas e plenos, e por suposto envíalo á Xunta canto antes para que comecen coma tramitación de cara á aprobación definitiva”.
Barcia adiantou que para a semana que ven ten previsto reunirse coa Secretaria Xeral de Urbanismo. “O traballo importante e gordo xa está feito, pero aínda non chegamos á meta. Tal e como fixemos ata agora, seguiremos traballando para que Burela conte cun PXOM moderno e con solucións eficaces ós retos que temos como concello canto antes mellor”, declarou o alcalde burelés.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



