O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou este venres as dúas novas medidas para a xeración de emprego na provincia, “a máxima prioridade deste Goberno Provincial”, aprobadas na Xunta de Goberno de hoxe: aumento en 1,4 millóns de euros os fondos da Deputación para políticas de actuación que creen traballo en Lugo; e posta en marcha de 70 bolsas de emprego, dirixidas a mozos lucenses en paro, con titulación universitaria ou FP, que melloren a formación co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral en España.
A sesión acordou adicar a novas medidas que fomenten o emprego en Lugo o novo investimento de 1,4 millóns de euros, que a Unión Europea vén de conceder á Deputación de Lugo, co reparto de remanentes das axudas comunitarias para 2007, premiando, unha vez máis, a xestión dos fondos europeos da institución luguesa, e converténdoa na entidade local de Galicia que recibiu o maior financiamento. “Tan só un día despois de conseguir este orzamento, cumprimos coa palabra do Presidente, incrementando os fondos da Deputación para emprego”, destacou Martínez. Este presuposto súmase ós 25 millóns de euros de fondos europeos para a Segunda Parte do Lug02, o Innova-TE 2 e a Segunda Fase do Pacto Provincial polo Emprego.
250 bolsas de emprego
A Xunta de Goberno aprobou as bases de 70 bolsas de emprego para mozos lucenses actualmente en paro, que nos vindeiros días se publicarán no Boletín Oficial da Provincia para, xa a semana que vén, abrir o prazo de inscrición. É a segunda convocatoria de becas Leonardo da Vinci que ofrece a Deputación, á que lle seguirá unha terceira, xa que a UE concedeu outro programa ó organismo provincial para 2014. Isto supón, que ascenda a 250 as bolsas de emprego que ofrece a Deputación ós lucenses nos últimos tres anos.
As becas Leonardo da Vinci para este ano contan cun orzamento de 309.000 euros, financiados nun 70% por fondos europeos. Este presuposto permite que rapaces da provincia melloren a súa formación, facendo prácticas en prestixiosas empresas de Europa, co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral en España. Todo isto, a custe cero para os beneficiados, xa que a Deputación asume os custes de aloxamento ou das viaxes, ademais de xestionar os lugares de formación.
Beneficiados
Estas 70 bolsas de emprego distribúense do seguinte xeito:
– 50 prazas son para mozos da provincia menores de 35 anos, desempregados, preferentemente sen experiencia profesional, e con titulación universitaria, acadada nos últimos catro ano, sobre os seguintes sectores: medioambiente, agroalimentación, gandeiría, pesca, informática, turismo e ciencias da vida. Os beneficiarios desta bolsas farán prácticas durante tres meses e medio en empresas de Hamburgo, Viena, Florencia, Lisboa, Praga, Belfast e Cork.
– 20 prazas son para rapaces lucenses formados na Escola de Imaxe e Son, o único centro educativo da provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual, que teñan terminado os seus estudos Produción de Radio, Audiovisuais e Espectáculos, ou de Realización de Audiovisuais e Espectáculos, nos últimos tres anos. Darase prioridade ás persoas en situación de desemprego, e a aquelas que non poidan acceder a este tipo de prácticas laborais no estranxeiro por razóns económicas. Neste caso, as prácticas serán durante tres meses en empresas de Irlanda, Módena e Lisboa.
Toda a información estará a partires de semana próxima, unha vez publicadas as bases no BOP e aberto o prazo de solicitude, ó acceso de todos os interesados na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.org.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



