A Deputación de Lugo vén de convocar unha nova programación de cursos, abertos á participación de todos os empregados públicos da provincia, que ofrece máis de 500 horas de formación en diferentes áreas, pensada para ofrecerlles os instrumentos necesarios para a modernización da administración pública.
Deste xeito, a programación formativa disposta para o derradeiro cuatrimestre do 2013 persegue o dobre obxectivo de mellorar a organización das Corporacións Locais ó tempo que se melloran as competencias dos empregados públicos. Tendo en conta que a formación é unha ferramenta de cambio, imprescindible para reformar os procesos de traballo, o plan agrupado posto en marcha pola institución provincial está encamiñado á transformación dunha Administración excesivamente burocratizada e lenta nunha Administración transparente, moito máis cercana ó cidadán. A institución provincial leva tempo traballando en prol da e-administración, coa intención de mellorar as relacións entre o organismo e os veciños da provincia, xa que esta administración electrónica aumenta a transparencia e axiliza a comunicación cos cidadáns.
Para a súa elaboración tivéronse en conta as necesidades formativas dos destinatarios, mediante a cumprimentación de cuestionarios por parte tanto de organizacións sindicais coma responsables de formación das diferentes Administracións e cos propios traballadores públicos participantes nas anteriores convocatorias.
O Plan Agrupado da Deputación de Lugo para o ano 2013 está dirixido a todos os empregados públicos da institución provincial e dos Concellos da provincia. Coma en anteriores convocatorias, parte desta formación é moi específica e deseñada para determinados colectivos, coma membros das forzas e corpos de seguridade e de servizos de emerxencias, coma policías e bombeiros.
20 accións formativas
Consta de 20 accións formativas -11 presenciais e 9 online-, que ofrecen un total de 553 horas lectivas. Estas distribúense fundamentalmente en áreas de coñecemento coma as novas tecnoloxías e a súa imprantación no marco da Administración; os temas económico-orzamentarios, xurídicos e de procedemento administrativo; o medio ambiente, urbanismo ou desenvolvemento local e de normativa da Unión Europa.
Os cursos dispoñibles son os seguintes:
– Novidades na Lei de Contratos do Sector Público
– Aplicación práctica do procedemento administrativo nas administracións públicas
– Incidencia da reforma laboral nas Administracións Públicas
– Ferramentas web 2.0. Redes sociais e profesionais. Nivel básico
– Estabilidade orzamentaria no ámbito local
– Xestión de fondos europeos nas Administración Locais
– Administración e xestión de Recursos Humanos das entidades locais na normativa vixente
– Procedemento administrativo común, responsabilidade patrimonial, revisión de oficio e potestade disciplinaria
– Aspectos prácticos sobre procesos informáticos no ámbito da xestión tributaria e a recadación nas entidades locais
– Control do uso do tacógrafo nas vías urbanas para policías locais
– Desbloqueo en montacargas, elevadores e ascensores
– Técnicas para a intervención con familias en risco social
– A creatividade e a innovación como competencias de futuro
– Iniciación á utilización da Intranet no ámbito local
– O sistema institucional, o ordenamento xurídico e a estrutura institucional da Unión Europea
– Microsoft Excel. Nivel avanzado
– Web 2.0: utilización dos recurso de Internet. Nivel avanzado
– Xestión de equipos: mando, liderazgo e motivación
– Agente dinamizador do medio rural
– Formación de xestores enerxéticos municipais
Solicitudes antes do 18 de setembro
Todos os interesados en acceder a estas accións formativas dispoñen de toda a información necesaria na páxina web www.deputacionlugo.org. Nesta páxina tamén poderán atopar e descargar o modelo de solicitude que deberán presentar, debidamente cuberto, no Rexistro Xeral da entidade, situado no edificio do Pazo provincial; por correo electrónico, no enderezo formacion@deputacionlugo.org; mediante fax dirixido ó número 982 260 169; por correo ordinario, enviando as instancias ó enderezo Rúa San Marcos, 8- 27001 Lugo; ou nos demais lugares sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/19892, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de setembro.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



