Ribadeo, 30 de setembro de 2013. O alcalde, Fernando Suárez, realiza unha valoración moi positiva da feira da horta que este domingo reuniu a centos de persoas en Ribadeo que se decidiron a comprar e a consumir produtos locais.
O rexedor sinalou que “a feira foi organizada pola asociación A Sucadoira en coordinación coa Área de Desenvolvemento Local do Concello ribadense, que dirixe a miña compañeira Ana Martínez, e coordinado tamén con ACISA a través dos diferentes bares e restaurantes que participaron nesta iniciativa. Aquí nas inmediacións do mercado de abastos puideron verse actividades en vivo, obradoiros para os máis pequenos…”.
Suárez Barcia lembrou que “esta iniciativa foi recuperada hai varios anos, este mercado dos domingos que estivera en activo ata os anos sesenta do século XX e que logo durante moito tempo non o houbo. Este mercado volveu e fíxoo para quedarse e o colofón a esta tempada foi esta feira que fixemos onte, onde a xente que alí participaba a parte de comprar os produtos de horta de primeira calidade e os produtos de artesanía que alí se vende, a parte de axudar aos produtores de horta tamén están a facer unha aposta polos produtos con garantía de calidade”. O rexedor engadiu que “tamén están a exercer unha acción de afirmación e de reivindicación de que neste mundo de globalización, onde nos quixeron facer crer que todo o do outro lado do mundo era necesariamente mellor, agora vemos que iso non é así, e que o noso, o de proximidade, o de aquí, non ten que envexar nada ao de fora. E estas reivindicacións vense nestes mercados e nestas feiras de produtos de horta”.
Limpeza de ríos
O alcalde de Ribadeo tamén aludiu ás xornadas de limpeza voluntaria nos ríos de Ribadeo que organizaron as Concellarías de Medio Ambiente e Mocidade coordinadas coa Deputación Provincial de Lugo: “nesta iniciativa participaron varios voluntarios e voluntarias que se quixeron achegar ata a parroquia de Arante para limpar un primeiro treito de río. A cita foi un éxito, tristemente, porque oxalá non houbera nada que sacar do río, pero sacáronse varias toneladas de botellas, de sacos, de plásticos, en definitiva de cousas que nunca deberon ir parar ao río”.
Fernando Suárez dixo que “agora seguiremos a traballar nesta iniciativa e para o sábado, 5 de outubro, volveremos outra vez e queremos convidar aos que non quixeron ou non puideron estar con nós a pasada fin de semana para que se animen a participar nas sucesivas limpezas. E ao mesmo tempo tamén concretaremos estas limpezas de ríos cos escolares dos colexios da localidade para que tamén os nenos poidan ver e lles serva coma un acicate educativo o que non deben ser os ríos”. O rexedor subliñou que “os ríos deben ser lugares vivos de natureza, de flora e de fauna, e non un cemiterio de latas, de botellas e de rodas e tamén ao mesmo tempo para que os que a depositan se poidan poñer un pouquiño colorados por ver cómo outros cidadáns máis novos, máis rapaces, menos rapaces, contribúen de maneira altruísta e voluntaria a limpar o que outros non evitaron que fose aos ríos”.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



