Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga, vicepresidente da institución provincial, demandou á Xunta de Galiza, e en particular ao seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, e ao ex conselleiro de Medio Rural e actual delegado do Goberno en Galiza, Samuel Juárez, que asuman as súas responsabilidades ante a “nefasta e neglixente” xestión de Alimentos Lácteos, contra cuxos responsábeis o administrador concursal presentou unha demanda para que devolvan 236.400 euros.
Veiga explicou que existen probas suficientes para poder concluír que “a única razón de peso que moveu ao Goberno galego a adxudicar á antiga planta de Pascual en Outeiro de Rei ás cooperativas Gancobre e La Arzuana foi a vinculación dos seus xerentes co Partido Popular, xa que ambos foron destacados militantes da organización con cargos de representación institucional nos seus respectivos concellos. O xerente de Gancobre, Arcadio Lamas, foi presidente do Partido Popular na Pastoriza e o xerente de La Arzuana, Eugenio Montero, foi tenente de alcalde de Touro.
“Polo tanto –continuou o vicepresidente – dicir que a Xunta ten que asumir responsabilidades por esta cuestión é unha obviedade ao igual que o é dicir que os membros do Grupo Provincial do Partido Popular, liderados pola señora Elena Candia, deben dar a cara apoiando ou rexeitando a xestión realizada en Alimentos Lácteos amparada pola súa formación política”.
Desde a Vicepresidencia da Deputación provincial enténdese e esíxese que o Goberno galego e o Partido Popular deben buscar solucións para as decenas de traballadores e traballadoras que se quedarán sen traballo, para todos os gandeiros que entregaron leite a Alimentos Lácteos e que aínda non a cobraron e, en especial, para os gandeiros da cooperativa de Gancobre que non só se atopan atrapados polas débedas asumidas pola falla de pago de Alimentos Lácteos senón tamén polos créditos participativos polos que agora se lle veñen enriba os acredores. “Nin a Xunta nin o Partido Popular poden dar as costas a esta cuestión, xa que a través do IGAPE avalaron esta operación de Alimentos Lácteos e permitiron que se dilapidaran millóns de euros procedentes das arcas públicas para investir na antiga planta de Pascual de Outeiro de Rei e adxudicaron dita planta ás cooperativas Gancobre e Arzuana, responsables desta situación” – sentenciou Antonio Veiga.
Vicepresidencia da Deputación lucense segue apostando polo benestar social e a integración das persoas con capacidades diferentes
Na mesma rolda de prensa, Antonio Veiga, como delegado de Benestar Social, deu conta da aprobación de dous convenios de colaboración por valor total de 42.000 euros coa Asociación de pais e nais de persoas con trastorno de espectro autista ‘Raiolas de Lugo’ para a atención ambulatoria nos concellos da provincia e coa Federación de asociados de persoas con discapacidade Lugo ‘Cogami Lugo’, para o programa ‘Taller prelaboral para persoa con discapacidades na comarca da Ulloa’.
Deste xeito, a Vicepresidencia da institución provincial evidencia,unha vez máis, a súa aposta decidida polo benestar social dos colectivos máis necesitados, neste caso, polos colectivos con persoas con discapacidades diferentes que requiren dunha atención especial.
Veiga insistiu en que “na Deputación lucense non empregamos a crise como escusa para incrementar a pobreza e as desigualdades sociais senón como un estímulo para facer un maior esforzo e evitar estas situacións. Seguimos e seguiremos apostando polas políticas sociais en todos os concellos da provincia en contraposición ao que fai o Goberno galego que deixa á marxe aos municipios con menos de 20.000 habitantes e deixa sen axudas a colectivos de benestar.”
Legado de Álvaro Gil
En relación ás declaracións procedentes de membros do Grupo Provincial do Partido Popular sobre o legado de Álvaro Gil, Antonio Veiga, afirmou que á Área de Cultura non está disposta a recibir leccións do Partido Popular, en canto é este o único responsábel da situación que se está a vivir coa colección.
“Os populares son os menos indicados en falar sobre o legado de Álvaro Gil despois da herdanza envelenada que nos deixaron. Neste asunto non vale facer borrón e conta nova, xa que moitos dos que agora se sentan ao lado de Elena Candia e a asesoran, cando tiñan responsabilidades de goberno nesta Deputación negáronse a resolver este asunto” – concluíu o vicepresidente.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



