Cervo, 30 de setembro de 2013- A Concellería de Cultura, que dirixe Begoña Alonso, informou este luns da apertura do prazo para inscribirse aos obradoiros de teatro infantil para nenos e nenas de primaria que o Concello volve poñer en marcha coa chegada do outono. O período para apuntarse está aberto ata o día 10 de outubro mentres a actividade impartirase todos os venres de 16.30 a 17.30 horas dende o día 11 de outubro ata o 27 de decembro, agás os festivos. Tanto a inscrición como a actividade serán na Casa da Cultura.
Unha actividade que se comezou a ofrecer por primeira vez no outono do ano pasado e que se mantén no tempo “por el éxito de participación que registra en cada edición así como por los beneficios que tiene para los niños y niñas, que aprenden a hablar en público y a valorar sus habilidades mejorando su autoestima” explica Alonso.
Dende entón, os cativos e cativas tiveron a oportunidade da participar en obradoiros de teatro no outono, no Nadal e na primavera coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. Deste xeito, xa teñen representado obras como “A Quirica” ou “Todo é un conto” e ofreceron tamén un festival de teatro e panxoliñas no Nadal.
Son moitos os pequenos que levan participando en todas as edicións dende que se puxo en marcha, aínda que cabe destacar que poden acudir todos os nenos e nenas de primaria que desexen aprender a interpretar, a relacionarse cos seus compañeiros e finalmente a protagonizar unha representación teatral diante do público.
“Esperamos que sean cada vez más los niños y niñas que participen en este obradoiro como forma también de acercalos a las artes escénicas y de contribuir a seu crecimiento personal” manifesta Begoña Alonso.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



