A Mariña, 30 de setembro de 2013. Arredor de cincuenta militantes e simpatizantes, dos que formaban parte, entre outros, o vicepresidente da Deputación de Lugo, concentráronse entre as 5 e as 6 da tarde no corredor de entrada do Hospital de Burela para denunciar a resolución do BOE do 18 de setembro que fixo o copago para determinados medicamentos, todos eles de uso para enfermidades particularmente sensíbeis, e que entrará en vigor en boa parte do Estado Español, non así en Galiza onde se agardará até finais de ano, a partir do día de mañá.
A Portavoz Comarcal do BNG, Ana Ermida, quen anunciou unha batalla social e institucional sen cuartel dos nacionalistas para paralizar o plano do goberno informou que “a aprobación por parte do Goberno do Estado dunha Resolución pola que se obriga aos pacientes ambulatorios a afrontar o copago das menciñas que lle son dispensadas na farmacia dos centros hospitalarios significa cruzar todas as liñas vermellas da sanidade. Con esta medida cobraranse medicamentos como Afinitor ou Tyverb empregados en casos de mama, ou Votrient ou Temodal para o tratamento de cancro de ril e tumores cerebrais respectivamente, así coma outras medicacións para a leucemia mieloide crónica, o tratamento de tumores malignos resecábeis e/ou metastásicos do estroma gastrointestinal (GIST), a artrite reumatoide, a dexeneración macular ou a hepatite C crónica. E así até 157 presentacións farmacolóxicas de pouco máis de 50 medicamentos, que segundo sinala o BOE, cumpren coas condicións para ser considerados de achega reducida, ao tratarse de medicamentos de eleccións de enfermidades graves ou crónicas, e estando limitada a súa dispensación aos pacientes non hospitalizados nos servizos de farmacia dos hospitais”.
Antonio Veiga indicou que “a resolución da que estamos a falar fixa a aportación do usuario ou usuaria para estes medicamentos, que estaban exentos do copago, nun 10 por cento do seu prezo, cun máximo actualmente fixado en 4,20 euros, conforme á Resolución do 21 de Xaneiro da Dirección Xeral da Carteira Básica de servizos do Sistema Nacional de Saúde. Isto significa que se a menciña é de 30 euros a achega será de 3 euros, pero se a menciña custa 100 euros a achega non poderá superar os 4,20 euros. Non hai dúbida que a decisión responde a unha política totalmente antisocial e inxusta, coherente coas formulacións neoliberais, que deixa desprotexidos a pacientes con patoloxías graves ou crónicas que xa pola súa enfermidade teñen o seu poder adquisitivo reducido e que, ademais, xa consumen outros medicamentos sometidos a copago, e que se deixan de tomalos poñen en grave risco a súa vida. A decisión que vimos de referir recollida no BOE deixa en mans das Comunidades Autónomas a posibilidade ou non de de ser aplicada e nese sentido demandamos do Goberno da Xunta de Galiza unha posición análoga á que xa fixeron comunidades como Asturias, País Vasco, Andalucía, Castela León, Canarias e Navarra. Abonda fixarnos nestes dados para concluír que estamos diante dun goberno que carece de corazón, que segrega en función do poder adquisitivo das persoas e que deixa tiradas, mesmo diante da morte, a aquelas persoas que máis precisan da axuda do Estado. Necesariamente estas decisións van na dirección de aumentar a mortalidade, determinando a esperanza de vida na carteira do doente”.
Pola súa Banda, Cosme Pombo fixo referencia a “como as políticas de recorte que se aplican na sanidade estanse a converter nun factor de risco para a vida como xa está perfectamente analizado noutras áreas do planeta onde implementaron políticas económicas como as do Goberno do Estado Español, que segundo os estudos de colectivos médicos e de economistas recoñecidas xa está a acontecer aquí” e solicitou que “a Xunta paralice a entrada en vigor da Resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiación de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación de achega do usuario. Na mesma liña demandaron do Goberno do Estado a derogación da resolución recollida no BOE do 10 de setembro de 2013 que establece a obrigatorieade da achega do usuario para as patoloxías e a carteira de medicamentos fixadas na referida resolución”.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



