O Valadouro, 14 de setembro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou na entrega de premios aos vencedores e participantes nas carreiras de cabalos de andadura “Equiouro 2013”, unha xornada hípica organizada por APREVAL (Asociación de Promoción e Recuperación Ecuestre Val do Ouro) en Ferreira do Valadouro, nas que se disputaban a final do XV Campionato Galego de Andadura, de dous e catro tempos, así como a final do VI Campionato Galego de cabalos trotóns de andadura.
A xornada matinal completouse co concurso morfolóxico “Copa Galicia PRG 2012” de cabalos e eguas de pura raza galega, e cunha actividade didáctica e formativa de achegamento ao mundo animal dirixida aos máis pequenos, impartida pola Escola Infantil de monta en ponis e que se prolongará durante todo o día.
Durante a tarde está previsto que se dispute o concurso de andadura de cabalos cruzados, de dous e catro tempos; o de andadura de cabalos cruzados de trotón, de dous e catro tempos; o de andadura de cabalos trotóns, o de andadura de potros ata dous anos de todas as razas, e, como novidade este ano, incorpórase a carreira de cabalos en sulky. Xa pola noite, terá lugar a II Carreira nocturna de cabalos de andadura aparexados, que porá o broche a esta xornada ecuestre.
Todas estas actividades organizadas no marco de “Equiouro 2013” celébranse na pista de andadura ecuestre da que dispón a localidade, un proxecto, de recente construcción, que contou coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación.
Neste sentido Antonio Veiga explicou que “estas actividades ecuestres supoñen alternativas de ocio de grande interese, coas que se dinamiza o turismo e a actividade económica da localidade. Por iso, desde a Área de Benestar Social e Deporte da Deputación cremos que o Valadouro é merecedor desta pista de andadura ecuestre, pois ten máis que demostrada a súa afección aos cabalos”, puntualizou o vicepresidente do ente provincial.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



