O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá este xoves, ás 19:30 horas, unha nova xornada do ciclo Galicia en clave económica, que organiza a Deputación e Economía Dixital, coa colaboración do Grupo El Progreso. Trátase dun debate aberto ó público e gratuíto, na que expertos galegos abordarán a situación actual da banca e responderán as cuestións que plantexen os participantes. O seu obxectivo é buscar alternativas e solucións fronte á crise, implicando á cidadanía.
O director xeral da Caixa Rural Galega, Jesús Méndez; o catedrático da Escola de Estudos Empresariais da Universidade da Coruña, Antonio Grandío Dopico; e o avogado e portavoz da Asociación Galega de Afectados por Produtos Financeiros, Xoán Antón Pérez Lema, serán os poñentes. Nas súas intervencións, abordarán o mapa bancario dende diferentes perspectivas: Jesús Méndez, dende a súa experiencia profesional en Caixa Rural Galega –é a única entidade de capital galego, neste caso cooperativo, que segue en funcionamento, trala venta de Pastor, Etcheverría, Gallego e NCG-; Antonio Grandío, dende unha perspectiva académica, aínda que tendo en conta que foi executivo do Banco Pastor durante moitos anos; Xoán Antón Pérez Lema, dende a visión dos consumidores.
Novos debates
A cita deste xoves enmárcase no ciclo de debates Galicia en Clave Económica, que comprende a celebración de 5 encontros, dos que xa se celebrou un no mes de xuño. Naquela ocasión, expertos do ámbito económico e empresarial trataron as claves dun modelo produtivo de futuro para a Comunidade, as potencialidades sen explotar da súa economía, e os novos sectores emerxentes. Nos vindeiros meses, haberá outras 3 citas, nas que se afondará sobre o paro e os xacementos de emprego, as fortalezas e debilidades do sector primario, e o papel dos sectores público e privado. A diferencia doutros encontros con expertos, as charlas organizadas por Deputación e Economía Dixital, coa colaboración de El Progreso, son abertas á participación e totalmente gratuítas.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



