O Club Porta XI Ensino en colaboración co CB Viveiro organiza o xoves 12 de setembro no pavillón Antonio Tarrío de Viveiro en horario de 16.00 a 19.00 horas o segundo Clinic Playa de Covas.
Os poñentes serán Benjamín Longarela, preparador físico que ten realizado unha tese sobre análise das condutas dos adestradores nos partidos e Antonio Pérez, adestrador superior con experiencia en LEB Ouro que falará sobre metodoloxía de dribling e, baseándose na súa experiencia na NBA, diferencia entre planificación de adestramentos. Esta actividade convalidará como seis horas de formación para os cursos de adestradores da Federación Galega de Baloncesto.
Posteriormente, ás 20.00 horas disputarase un partido entre o Ensino Durán Lugo e o Maristas A Coruña no Pavillón Municipal de Viveiro.
Ambas actividades, enmarcadas no Stage Viveiro 2013 que leva celebrandose en Viveiro dende este luns coa participación de 80 xogadores de diferentes equipos de Lugo, A Mariña lucense e Ferroltera, contan con entrada gratuíta.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
