Cervo, 9 de setembro de 2013- O Concello de Cervo informa do inicio das obras de reforma da piscina municipal de Lieiro que inclúen traballos para a mellora da eficiencia enerxética. Unhas obras que comezaron a semana pasada cos primeiros pasos para repoñer o canlón de recollida de augas pluviais co obxectivo de eliminar as filtracións e as humidades e nestes momentos continúan coa reparación da cuberta.
Ademais, vanse realizar traballos de mellora do sistema de quecemento da auga e a reparación das portas de acceso. Con este conxunto de medidas preténdese conseguir unha piscina máis hermética e na que se manteña a temperatura da auga e do ambiente utilizando menos recursos.
O edil de Deportes, Luis Guillén, destacou que se trata dun proxecto de alcance no que se está traballando para que “todos os elementos que inflúen no proceso de quecemento sexan máis eficientes, o que permitirá diminuír o consumo enerxético, de forma que tamén será unha piscina máis respectuosa co medio ambiente”.
Hai que lembrar ademais que estas melloras redundarán en beneficio dos usuarios da instalación, xa que aportará máis benestar e comodidade. Uns traballos que son posibles a través dunha subvención da Xunta de Galicia que ascende a 27.100 euros e que permitirá seguir mellorando as instalacións deportivas municipais.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



