Barreiros, 27 de setembro de 2013. No pleno do vindeiro luns, o BNG de Barreiros preguntará ao Alcalde qué erros se produciron ao tramitar o PXOM para que tivera que paralizarse a súa tramitación e volver iniciarse neste mes de setembro.
Segundo os nacionalistas, “esta situación é unha máis das moitas que se viven neste concello como consecuencia do xeito de xestionar de Alfonso Fuente. O goberno de Barreiros está instalado na improvisación, nas présas por sacar anuncios adiante que tapen a incapacidade real para xestionar, aínda que só sexan cortinas de fume.”
Desde o BNG consideran que non é de recibo que “máis de tres anos despois de ter anunciado que se iniciaba a redacción do PXOM, o primeiro documento que se presenta vaia cargado de erros relevantes, en palabras do propio Alcalde. Parece que, tras a sentenza do TSXG que anulou o Plan Sectorial de Barreiros para a legalización das urbanizacións ilegais, Alfonso Fuente sentía a obriga de presentar algo para xustificarse ante non sabemos quen, aínda que fora unha auténtica chapuza e houbera que refacelo posteriormente.”
Desde o BNG insisten en que “o PXOM ten que servir para ordenar o territorio atendendo aos intereses das veciñas e veciños e non de coartada para legalizar pola vía dos feitos a política urbanística que se levou a cabo neste concello.”
O ximnasio municipal, as sancións de Contas ou a ordenanza de praias serán tamén temas do pleno do luns.
Ademais das preguntas relativas ao PXOM, o BNG interesarase tamén pola apertura do ximnasio municipal e polo persoal que se ocupará da xestión do mesmo.
Tamén preguntarán os nacionalistas polas sancións que Contas impuxo a Barreiros como consecuencia do incumprimento das súas obrigas na presentación das contas municipais.
Outro tema de debate que se inclúe na orde do día é a aprobación definitiva da ordenanza das praias. Segundo consta na documentación plenaria, o Alcalde non acepta ningunha das alegacións presentadas á mesma e propón a aprobación definitiva do texto inicial. Para o BNG de Barreiros “é unha mala nova para o conxunto da veciñanza de Barreiros que verá como se perde unha oportunidade para facer unha regulación ligada á realidade de Barreiros e que contribúa á reforzar a imaxe turística. Porén, como consecuencia da incapacidade para sentarse a falar, polo talante pouco democrático deste Alcalde que é incapaz de falar co BNG para tentar melllorar a ordenanza inicial, Barreiros terá unha regulación desligada da realidade das súas praias e con suficientes lagoas e incongruencias que pode xerar máis problemas dos que solucione”, afirman os nacionalistas.



















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



