Burela, 27 de setembro de 2013. En breve dará comezo en Burela un curso de formación para desempregados. Trátase dun curso de monitor deportivo de 318 horas de duración e para 15 alumnos/as, segundo acaba de confirmar o concelleiro de Emprego, José Casas.
O edil popular sinalou que “a Xunta ven de concedernos para dito curso 32.400 euros. Unha nova partida que pon de manifesto o compromiso da Xunta e do Concello coa formación de desempregados”.
José Casas subliñou que “Burela é un dos Concellos da provincia de Lugo onde se imparten más actividades destinadas aos desempregados. En total nos últimos meses 75 persoas participaron nos cursos que se desenvolveron en Burela ademais das que estiveron no obradoiro de emprego Faro de Burela IV e das que estarán no obradoiro que compartiremos cos Concellos de Cervo e Xove”.
O concelleiro de Emprego engadiu que “este curso de monitor deportivo dará comezo en breve, cando rematemos os trámites administrativos correspondentes”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



