Santiago, 5 de setembro de 2013.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei presentada polo Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a colaborar co Concello de Barreiros a fin de impulsar a tramitación e aprobación do correspondente Plan Xeral. O portavoz de Ordenación do Territorio, Román Rodríguez, afirmou que o Partido Popular “plantexa medidas para dar solucións a un problema que foi xerado por decisións arbitrarias do Goberno bipartito” e salientou que á oposición “pouco lles importa o urbanismo de Barreiros, porque en ningún momento falan de solucións a un problema que crearon”.
Román Rodríguez sinalou que o Goberno bipartito de socialistas e nacionalistas “tomaron como chivo expiatorio ao Concello de Barreiros, deixándoo nunha situación urbanística con edificios a medio construír e obras de urbanización sen rematar, coa conseguinte quebra de moitas empresas e graves problemas para as familias que adquiriran vivendas”.
DOUS INSTRUMENTOS
O portavoz popular recordou que coa chegada do Partido Popular ao Goberno da Xunta plantéxase solucionar este problema herdado mediante dous instrumentos: un convenio para a dotación de servizos, asinado conxuntamente coa Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros; e a aprobación en 2012 dun Plan Sectorial de Incidencia Supramunicipal (PSIS), a fin de dotar de cobertura xurídico-urbanística a aquelas construcións impulsadas en solo urbano non consolidado.
Neste sentido, Rodríguez fixo referencia ao recente auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que, por unha banda, recoñece o esforzo por parte da Xunta de solucionar un grave problema que incide de xeito negativo na zona, non cuestionándose en ningún momento a finalidade do interese xeral que se perseguía con esta solución, pero “rexeita o procedemento administrativo seguido e o instrumento de planificación utilizado, xa que a Xunta entende que ten unha incidencia supramunicipal, mentres que o Tribunal Superior non o considera así”.
Por este motivo, Román Rodríguez demandou do Goberno galego “unha colaboración real e directa co Concello de Barreiros para tramitar un plan xeral, que dea solución a un problema que se xerou no seu momento por unha decisión arbitraria do Goberno bipartito”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



