Desde o Partido Popular de Viveiro queremos manifestar a nosa preocupación pola perigosidade que supón o feito de que se manteñan na Praza Maior as gradas utilizadas para diversos actos das festas de agosto.
O pasado 4 de setembro solicitamos a retirada das gradas e o palco da Praza Maior, apresurándose a contestar o equipo de goberno que “ya se están retirando” e certamente se retirou o palco para deixar paso á Procesión Magna, que desgraciadamente non puido sair polas rúas da nosa cidade. Agora ben, tamén é certo que a día de hoxe o “se están retirando” dos socialistas se alonga xa un mes máis, circunstancia que acredita a desorganización e a desidia do actual goberno municipal.
Como dicíamos fai un mes, o manter as gradas na praza non beneficia a ninguén, máis ben ao contrario: trátase dun nicho de porquería, supón unha incomodidade para os veciños no seu acceso ás dependencias municipais, evita a entrada de luz natural a estas oficinas –co conseguinte incremento de gasto en luz eléctrica- e o que é máis importante é un verdadeiro perigo para os nenos que a diario utilizan a praza como zona de esparcemento.
Parece mentira que o alcalde, a alcaldesa en funcións ou o concelleiro de festas non sexan conscientes deste perigo, sobre todo, tendo en conta que non fai moito tempo unha menor sufriu un grave accidente por caída dende o alto das gradas. ninguén desexa que se repita a historia e se produza outro desgraciado accidente, pero non cabe dúbida que a mellor maneira de evitalo é facer desaparecer o perigo e calquera medianamente responsable retiraría xa as gradas da nosa Praza Maior.


















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



