O Burela FS Pescados Rubén conseguiu a primeira vitoria da liga esta tarde na visita á pista do novel Valdetires Ferrol FSF. Na segunda xornada, con ambiente de derbi autonómico, as pupilas de Quico Otero fixeron valer a súa experiencia na categoría para dominar o xogo e o electrónico, con hat-trick de Lidia Mesías. Co 2-4 a favor, o cadro laranxa xa suma 4 puntos.
Malia xerar ocasións desde o inicio, as laranxas viron como o Valdetires foi o primeiro en atopar a portería rival, no minuto 10, a balón parado. Pouco lles durou a alegría ás locais; cun preciso lanzamento desde fóra da área, a capitá burelista empatou no 12 e un minuto despois volveu facer gala do seu olfato goleador coando polo medio, entre a defensa, un disparo afastado. Con 1-3 e o paso dos minutos, a escuadra mariñá foi gañando en control, sen sufrir perigo sobre a súa área.
Tras o descanso, as laranxas tiveron que aplicarse máis en defensa debido a certas faltas de entendemento. Precisamente nun erro de pase chegou o empate 2-2 para as ferrolás, aproveitado por Erika (minuto 24). Pero esta era a tarde da capitá, que culminou unha excelente condución de Maite pola banda (minuto 28). O tanto da tranquilidade, 2-4, foi autoría de Lara, nun pase ao segundo pau tamén desde o lateral (minuto 34). Na recta final, as mariñás souberon marcar os tempos para garantirse os ansiados tres puntos.
Novo derbi. O vindeiro sábado o Burela FS Pescados Rubén estreará derbi galego na casa, coa visita do Cidade das Burgas, o sábado 5, ás 18.30 horas.
Ficha técnica
Valdetires Ferrol FS: Iria, Melissa, Carolina, María e Erik, quinteto inicial; tamén xogaron Tere, Jessica, Andrea, Diana e Alejandra
Burela FS Pescados Rubén: Patri, Peque, Maite, Bea Mateos e Lidia Mesías, quinteto inicial; tamén xogaron Claudia e Lara
Goles: 1-0, minuto 10, Erika; 1-1, minuto 12, Lidia Mesías; 1-2, minuto 13, Lidia Mesías; 2-2, minuto 24, Erika; 2-3, minuto 28, Lidia Mesías; 2-4, minuto 34, Lara
Árbitros: Roberto Aitor Vizoso // Rodrigo Fernándeaz Pita (Ferrol)
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
