Vista Alegre vivirá este sábado (18.30 horas) unha nova festa do fútbol sala no Día do Club coa visita dun dos grandes titáns de Primeira LNFS, ElPozo Murcia, subcampión de liga, Copa e Supercopa.
Evita a longa espera ás portas da bomboneira adquirindo a túa entrada con antelación. A venda anticipada estará aberta dende este martes na sede do CD Burela FS Pescados Rubén, de luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-19.00).
PREZOS PARA SOCIOS
Abono Individual: 5 euros
Abono Familiar: 5 euros/entrada
Abono Estudante: 5 euros
Abono Xuvenil: 5 euros
Abono Xubilado: 5 euros
Abono Infantil: 1 euro
PREZOS PARA NON SOCIOS
Maiores de 14 anos: 20 euros
De 0 a 13 anos: 3 euros