O grupo de teatro da Biblioteca de Antas de Ulla presenta ‘A vida de Brian’. O espectáculo inspírase na película dos Monty Phyton, unha comedia de trama bastante sinxela máis crítica coa intolerancia, o sectarismo e o dogmatismo. Situada na Palestina da época de Cristo conta as aventuras de Brian, un home corrente fillo fun soldado romano e dunha promiscua feminista xudia que é confundido continuamente co Mesías. Esta función de teatro afeccionado forma parte do circuíto Buxiganga e desenvolverase este sábado 19 de outubro ás 20.30 h no Teatro (rúa San Roque, 2). Prezo da entrada: 2 euros.
