Os Orzamentos de 2014 apresentados pola Xunta confirman a desaparición de facto das políticas públicas ambientais. Dende que chegou Feijóo o ambiente galego perdeu 198 millóns de € e áreas como Conservación da Natureza reduciron un 91% os seus fundos.
As prioridades ambientais da Xunta? Despexar á nosa natureza
A esta baixada do 91,3% nos investimentos reais en Conservación (943.541€ en 2014 fronte aos 10.906.638 de 2009) hai que engadir tamén un descenso dp 90,6% (837.840€ este ano fronte aos 8.046.353 de 2009) nas transferenzas de capital, isto é, nas axudas públicas para promover iniciativas de millora ambiental.
Neste capítulo destacan algunhas clamorosas omisións que deixan claro o grao de sensibilidade e compromiso da Xunta do PP coas prioridades que fixa a ONU e Europa: Hernández e Feijóio adican 0(cero)€ á loita contra o cambio climático; 0(cero)€ ao desenvolvemento sustentábel polas Axendas21 locais e 0(cero)€ á loita contra as especies invasoras, a segunda causa de perda de biodiversidade no mundo segundo a IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza).
E que hai dos Parques Naturais, os espazos coa maior categoría de protección da rede galega? Pois as axudas directas a Parques Naturais (conceito 7700), supoñen en 2014 uns ridículos 4.556€, aínda memos que en 2013 (23.333€) e a anos luz dos 350.000€ de 2009. Mentres estes señores xestionen o ambiente, nen Parque Natural no Pindo nen unha mínima dignidade para as nosas “catedrais naturais”. Como aconteceu co ensino e a sanidade, a porta para a súa privatización fica xa aberta…
Outras cuestións sangrantes que reflicten as prioridades desta Xunta depredadora e nefasta para o ambiente, son por exemplo as cantidades adicadas a financiar o labor das protectoras e xestionar os animais domésticos abandonados: Se en 2013 adicaron uns cativos 20.000€ para todos os concellos do país (fronte aos 450.000€ de 2009), en 2014 estas axudas redúcense a 0(cero). Pola contra, os cazadores disporán de 181.000€ para a “ordenación cinexética e piscícola”, e abofé que “ordenarán” habida conta da manga ancha co chumbo que amosa a Dirección Xeral de Conservación.
Non estrana tampouco que, entregando a xestión da nosa fauna aos cazadores, os cartos para compensar os danos da fauna salvaxe caian un 54,6% (106.035€ en 2014 fronte aos 234.000€ de 2009). As consecuencias xa son coñecidas: Masacres todo o ano e un futuro aínda máis negro para o lobo galego.
Os colectivos ambientalistas: Un molesto atranco para a Xunta
Feijóo e Hernández tampouco parecen conformarse con eliminar os cartos adicados á promoción de actividades ambientais e de cooperación por parte do tecido asociativo (en 2009 preto de 1,2 millóns de €). Pretenden tamén silenciar ás asociacións ecoloxistas: Por terceira vez ADEGA tivo que acudir ao Valedor para que a Xunta convoque os organismos consultivos ambientais nos que estamos representados: O Consello Galego de Medio Ambiente leva sen reunirse dende o 21-2-2012 (obriga legal de convocarse semestralmente); o Observatorio Galego da Biodiversidade dende o 22-12-2010 (obriga legal de reunirse 1 vez ao ano) e o Consello da Rede de Parques Naturais de Galiza, co deber de reunirse semestralmente non se reuníu nin unha vez dende a súa constitución.


















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



