Burela, 25 de outubro de 2013. O alcalde burelés, José María González Barcia, xunto co seu equipo de goberno, a portavoz popular na Deputación Provincial Elena Candia, e o deputado popular José Manuel Yanes Ginzo, compareceu en rolda de prensa ante a réplica do Torques de Burela existente na Casa da Cultura da localidade para expresar a súa decepción e a decepción das veciñas e veciños de Burela pola saída desta peza do Museo Provincial de Lugo.
Barcia cualificou o acontecido como “unha perda cultural irreparable para o conxunto da provincia. Independentemente do valor económico, a colección de ourivería dos Gil Varela, na que se engloba o Torques, ten un valor cultural que non se pode cuantificar, e deixar perder este patrimonio cultural é unha enorme irresponsabilidade. Polo que afecta a Burela, a saída do Torques do Museo é como se arrancáramos o Torques do escudo e da bandeira do noso concello. Non hai que esquecer que o Torques forma parte da nosa razón de ser como bureleses, é o símbolo das nosas raíces como comunidade. E que se vaia do Museo vén a ser como se nos arrancaran o que sentimos como noso”.
O alcalde burelés entende que “neste asunto ten que haber responsabilidades políticas. E o responsable político da Deputación é o Sr. Gómez Besteiro. Este señor ten que cargarse de humildade e dar a cara ante os cidadáns desta provincia en xeral e de Burela en particular, para, primeiro, pedir desculpas por non ser capaz de resolver en seis anos un problema que efectivamente herdou, pero que tivo tempo para arranxar. E segundo para explicar o que se fixo para que o Torques quedase no Museo, se é que se fixo algo, e o que non se fixo; para explicar o porqué do comportamento da Deputación de Lugo e por qué non se actuou doutro xeito tendente a conservar este importante patrimonio cultural”.
González Barcia dixo: “entendo que o Sr. Besteiro está máis preocupado polo seu medre persoal dentro do seu partido ca en defender os intereses da provincia de Lugo; por iso creo que non lle dedicou a este asunto o tempo que lle tiña que dedicar, algo tamén moi propio del. Pero tamén digo que unha persoa que defende así os intereses da provincia, non creo que estea capacitado para facer nada noutro ámbito político de actuación”.
O alcalde burelés afirmou que “a partires de agora, ós rapaces e rapazas de Burela e da provincia só lles quedará acercarse a esta Casa da Cultura para, a través desta reprodución do Torques poder adiviñar a riqueza e o esplendor desta peza única, da que o Sr. Besteiro nos ten privado poida que para sempre”.
González Barcia finalizou dicindo que “xa estamos estudando conxuntamente co grupo provincial popular e a dirección provincial do partido as posibles medidas a adoptar. Unha delas pasaría pola reprobación do Sr. Besteiro no pleno da Corporación Municipal de Burela, como mostra do noso rexeitamento á súa forma de proceder. Envieille en dúas ocasións outras tantas peticións de entrevista para que me explicase as xestións que se estaban a facer e mostrarlle apoio nas negociacións coa familia Gil Varela, e aínda estou agardando pola súa resposta; só tiven a reposta dun deputado delegado, que non me serve de nada. A Besteiro debería preocuparlle ese desprezo ó alcalde dun concello que, se chame como se chame o alcalde, representa ó conxunto de veciñas e veciños do pobo onde apareceu o símbolo do Museo Provincial de Lugo”.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



