Ribadeo, 7 de outubro de 2013. Ata 20 especies de aves se poden observar na ría de Ribadeo, segundo a información que se inclúe na páxina web http://birding.ribadeo.org/ Este novo proxecto do Concello de Ribadeo e da Deputación de Lugo pretende dar a coñecer a riqueza ornitolóxica desta zona e atraer a turistas desde o outono ata a primavera. Ribadeo Birding inclúe unha ruta con 13 puntos, a ambos marxes da ría, para poder avistar a todas as especies que chegan a esta zona a invernar ou a descansar antes de seguir viaxe ata o sur da península ou ata África.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, lembrou que “Ribadeo Birding é unha iniciativa que xurde no traballo das mesas microsectoriais de turismo, que durante este inverno e coa axuda da Deputación de Lugo estivemos a levar adiante co sector turístico. Este produto o que busca é desestacionalizar un pouco o turismo, como xa fixemos coa presentación dos bonos gastronómicos”. A edil nacionalista dixo que “se trata dunha iniciativa orientada á promoción de toda a riqueza natural que ten a ría de Ribadeo, de todo o que esta ría lle pode ofrecer ao visitante. Hai que lembrar que a ría de Ribadeo ten varias proteccións de importancia e hai unha moi importante que é que está dentro do convenio internacional Ramsar, é a única zona da provincia de Lugo incluída no mesmo e unha das cinco de Galicia. É importantísima polo avistamento de aves”.
Martínez sinalou que “aproveitando toda esta riqueza da nosa ría arrincamos con este Ribadeo Birding. A Ribadeo chegan a invernar un número importante de aves. E xa que falamos de inverno falamos de desestacionalizar, é un visitante que se move desde o outono ata a primavera, cada vez está máis en auxe, move a miles de persoas non só de proximidade, senón que se desprazan do norte e do centro de Europa para ver aves que noutros lugares non poden observar. Así xurdiu Ribadeo Birding”.
A concelleira de Turismo engadiu que “fixemos unha páxina web, onde non só podemos ver as especies que están en Ribadeo e consultar para a súa observación e os puntos máis importantes para velas, senón que o visitante pode informarse de actividades turísticas complementarias e de aloxamentos. Incluso o proxecto está aberto a que a xente das distintas empresas turísticas e hostaleiras que queiran poñer a disposición dos visitantes as súas propostas gastronómicas, de pernoctación ou das actividades que organizan a que poidan presentarnos as súas ofertas e que estas aparezan recollidas na páxina web. A web está en tres idiomas: galego, castelán e inglés, neste último caso pensando nese turista estranxeiro que se pode achegar cara Ribadeo entre outono e primavera e a maiores temos un soporte en papel no que a xente pode ir marcando a ruta a seguir. Nel aparece un mapa no que se poden ir vendo os principais lugares de avistamento de aves”.
Martínez subliñou que “debemos buscar, captar, entreter e motivar dun xeito sostible a ese turista que pode chegar a Ribadeo para disfrutar do noso inverno”.
Na web recóllese que si por algo destaca a ría de Ribadeo é por ter unha especial importancia para as aves. Durante o inverno, convértese en refuxio para unha gran variedade de especies que veñen dende o norte de Europa en busca de climas máis benignos para pasala estación fría. Moitas delas utilizan a ría coma un lugar de parada no que descansar e repoñer forzas, antes de continuala súa viaxe cara ós seus cuarteis de inverno (sur da Península ou África).
Pola contra, outras moitas elixen a nosa ría coma o seu destino definitivo, converténdose no seu lugar de invernada. Nesta época destacan polo seu gran número os grupos de limícolas, gaivotas, garzas, e moi especialmente as anátidas, con grandes concentracións de pato rabilongo (Anas acuta), lavancos (Anas platyrhynchos), asubiadores (Anas penelope) ou cercetas (Anas crecca). De tódolos xeitos, aínda que esta sexa a época con máis abundancia de aves debido á chegada das invernantes, durante todo o ano os afeccionados á ornitoloxía poden gozar da observación, posto que nas distintas épocas de paso migratorio, ou mesmo no verán, se poden ver outras especies novas procedentes doutras latitudes, que se suman ás que durante todo o ano viven aquí.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



