A mariña lucense, 5 de outubro de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e secretario do Parlamento galego, José Manuel Balseiro salientou este sábado que os máis de 180.000 euros que recibirán da Xunta varios concellos da Mariña servirán para impulsar iniciativas de promoción da igualdade e fomentar a conciliación
O deputado explicou que o Diario Oficial de Galicia publicou no día de onte a relación de beneficiarios e os recursos económicos que o Goberno galego destina para diversos programas de prevención da violencia de xénero e fomento da conciliación
CENTROS DE INFORMACIÓN Á MULLER
De feito entre as axudas aparecen os apoios aos Centros de Información á Muller (CIMs) de Burela, Ribadeo, Mondoñedo e Viveiro, con recursos específicos para os programas de asesoramento xurídico e psicolóxico, en especial, para posibles vítimas en casos de violencia de xénero.
| Concello de Burela |
45.000,00 |
| Concello de Mondoñedo |
29.212,39 |
| Concello de Ribadeo |
43.375,04 € |
| Concello de Viveiro |
34.650,00 |
|
152.237,43 € |
Ademais do traballo dos CIMs e as iniciativas de promoción da igualdade, a Xunta tamén apoia ao asociacionismo feminino, ou actuacións como a elaboración dos plans municipais de igualdade, a apertura dos centros educativos fóra do horario escolar ou outras medidas de conciliación.
| Solicitante | Actuación |
Importe concesión |
| Concello de Burela | Aula Junior |
6.222,21 € |
| Concello de Cervo | Elaboración do II PIOM |
3.062,00 € |
| Concello de Mondoñedo | Elaboración do IV PIOM 2013-2016 |
450,00 € |
| Concello de Ribadeo | Elaboración II PIOM |
1.000,00 € |
| Concello de Viveiro | Elaboración do III PIOM |
490,00 € |
| Concello de Xove | Elaboración do III PIOM |
285,09 € |
| Concello do Vicedo | Contacontos da Igualdade |
314,32 € |
|
11.823,62 € |
||
|
|
||
| Solicitante | Concepto |
Importe concesión |
| Concello de Alfoz | Apertura do CEIP fóra do horario lectivo |
8.162,18 € |
| Concello de Ribadeo | Ribadeo unha vila para a conciliación |
3.800,00 € |
| Concello do Valadouro | Programa apertura do CEIP Santa María do Valadouro |
4.328,77 € |
|
16.290,95 € |
O deputado popular quixo poñer en valor a importancia da cooperación entre a Xunta e os concellos para traballar a prol da igualdade e rematar con calquera tipo de discriminación.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



