Vista Alegre viviu este sábado a primeira gran festa de Primeira LNFS. O Burela FS Pescados Rubén conseguiu o seu primeiro triunfo na casa, nun partido frenético, cunha espectacular remontada dos laranxas na segunda parte e unha recta final de vertixe, con perigo en ambas porterías.
Aínda que o Burela FS comezou con máis forza e perigo sobre a meta rival, o Manacor soubo apretar e aproveitar as súas ocasións. Os visitantes adiantáronse no marcador no minuto 8, despois dun erro laranxa en saque de banda, que finalizou Taffy colando o esférico entre as pernas de Álex. Mata quixo igualar a contenda segundos despois, sen éxito, nun potente mísil que salvou Barrón. Intentárono Iago, revolvéndose na área, Mata, a balón parado, e incluso David Burrito e Mimi, pero de novo o acerto caeu do lado balear, co 0-2 de Joselito que superou as filas mariñás e anotou de vaselina no minuto 16. A man de Chicho nunha tentativa de Isi, no 17, propiciou o 1-2 para os galegos, coa transformación do penalti nos pes de Mata. Con este resultado chegou o tempo de descanso, cunha oportuna aparición de Álex cara a cara con Chicho, a 4 segundos do chifre.
Volveu ao terreo de xogo o Burela FS con fame de gol. Antes de cumprirse o primeiro minuto Mata puxo en pe a Vista Alegre cun potente disparo e, segundos máis tarde, volveron a ter o empate nas súas zapatillas Mata e Antoñito, nunha soa acción dende saque de esquina. Cando máis o estaban traballando o Burela FS, e despois de dúas grandes ocasións coas parellas Antoñito-Mata e Iago-Mimi, o Manacor volveu a golpear subindo o 1-3, de Chicho, no minuto 28. Lonxe de deixarse vencer, os mariñáns aínda puxeron máis corazón, pero tamén cabeza fría, e aí comezou o gran vórtice, a operación remontada. Isi reduciu distancias un minuto máis tarde (2-3), enganchando de volea un saque de esquina. Christian, saíndo victorioso de cabeza na pugna do balón cun defensa manacorí, subiu o empate no 30.
Nos dous minutos seguintes, a calidade de David Burrito acendeu a súa chama para adiantar aos locais, e por partida dobre, con espectacular ovación de Vista Alegre; o andaluz aproveitou un pase largo cruzado de Juanma para anotar o 4-3 (31) e ofreceu un recital con 5-3 (32) desarbolando en solitario pola banda á defensa visitante e sorprendendo a Barrón, que cerraba a fugaz aposta de xogo de cinco -con Joselito- pola que optara Tomás de Dios segundos antes. Continuaba a festa laranxa, co 6-3 de Matamoros, que se entendeu á perfección con Iago Míguez para culminar no 34. A nova aparición de Chicho recortando as distancias, con 6-4, segundos despois, non freou o monólogo burelista, que volveu a perforar a meta de Barrón coa denominación de orixe Matamoros, a balón parado dende lonxe (7-4, minuto 35).
A falta de tres minutos para o final, o Manacor intentou remontar con Vega como porteiro xogador, cos seus froitos: no 37, de Chicho, nunha xogada na que recibiu amoestación Isi, e no último minuto de xogo, de Taffy. A defensa laranxa conseguiu manter a renda nos últimos segundos para facerse coa primeira vitoria como local.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Álex, Mimi, Isi, Matamoros e Christian, quinteto inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Antoñito, Juanma, Burrito
H. Llevant Manacor: Carlos Barrón, Vadillo, Joao, Joselito e Bruno Taffy, quinteto inicial; tamén xogaron Chicho, Vega, Manu Orellana, Lemine
Goles: 0-1, minuto 8, Taffy; 0-2, minuto 16, Joselito; 1-2, minuto 17, Matamoros; 1-3, minuto 28, Chicho; 2-3, minuto 29, Isi; 3-3, minuto 30, Christian; 4-3, minuto 31, David Burrito; 5-3, minuto 32, David Burrito; 6-3, minuto 34, Matamoros; 6-4, minuto 34, Chicho; 7-4, minuto 35, Matamoros; 7-5, minuto 37, Chicho; 7-6, minuto 39, Taffy
Árbitros: Gallo Suárez // Velasco Martínez (Asturias)
Tarxetas: Amarela, por Burela FS, a Iago Míguez (minuto 15), Mimi (minuto 27). Expulsión a Chicho, en Manacor FS, por dobre amarella (minutos 17, 39)
Incidencias: Partido correspondente á quinta xornada da Primeira División LNFS disputado en Vista Alegre. Arredor de 1.000 afeccionados/as.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
