Lourenzá acolleu a IV Carreira Popular Val das Fabas no marco da celebración da Festa da Faba este sábado 5 de outubro que contou con 126 inscritos na categoría absoluta cunha alta participación de atletas mariñáns; pero tamén asturianos e do resto da comunidade galega.
José Manuel González Castrillón, do club Atletismo Occidente-Navia, fíxose coa vitoria nesta proba –marcando tamén o mellor tempo na categoría Veteranos A, onde o seu compañeiro Bernardo Ginzo acadou a segunda posición absoluta e a primeira na categoría Sénior. Jesús Rego, do club Lucus Caixa Rural Galega, completa o podio da categoría absoluta ao facerse coa primeira posición na categoría veteranos B.
O mellor clasificado nas E.D. Lourenzá Mondoñedo foi Manuel Folgueira Díaz, décimo cuarto na xeral; mentres que Marcos Rodríguez Díaz se fixo coa trixésimo primeira posición e José Carlos Díaz, coa trixésimo novena; completando o cadro de destacados das Escolas Deportivas locais.
Pola súa banda, na categoría feminina fíxose coa vitoria Noemí Moral Navazo, do club Monte Segade; que participaba tamén na categoría Veteranos A. Felicidad López, primeira Sénior alcanzou tamén a segunda posición na xeral por diante da cadete Bárbara Argüelles Acebedo.
Marisa Ares Reigosa marcou a sétima mellor posición na xeral e o mellor resultado entre as mulleres das E.D. Lourenzá Mondoñedo por diante da compañeira cadete Xana Rodríguez, décimo cuarta.
Por categorías, na cadete foi o vilalbés Antonio Souto o mellor clasificado por diante de Aarón Rivas e Álex López; mentres que entre as rapazas foi Bárbara Argüelles a que logrou subirse ao máis alto do podio seguida de Carmen López e Lara Domínguez.
A vitoria en infantil masculino foi para Lucas Lorenzo, do Lucus Caixa Rural. Adnan Itrih e Diego Rivas, das E.D. Lourenzá Mondoñedo completaron o podio. Na mesma categoría, Lidia Barrera das escolas deportivas locais subíase ao máis alto do podio feminino.
En alevín masculino, os atletas locais ocuparon as tres escadas do podio: Aleix Díaz, Nicolás Álvarez e Mario Pardo. Do mesmo xeito, Ana Vallines e Ainara Rodríguez lograron a primeira e segunda posición da categoría feminina, respectivamente.
O lugués Diego Rodríguez foi o mellor clasificado na proba da categoría benxamín masculino onde Manuel Rodríguez alcanzou a terceira praza. Valeria Álvarez e Diana Lastra, foron primeira e terceira, respectivamente, entre as rapazas.
Izan Rivas e Iria Rodríguez marcaron o segundo mellor tempo en prebenxamín masculino e feminino, respectivamente. E, na categoría pitufos Sergio García logrou a vitoria da categoría masculina; mentres que na feminina, Sara Khaled e Sheila López marcaron os dous mellores tempos da feminina.
Os vencedores da carreira absoluta, José Manuel González Castrillón e Noemí Moral, fixéronse con 100 euros en vales de compra para material deportivo; ademais dos premios en fabas que outorgaba a organización para os tres primeiros clasificados e clasificadas de cada categoría.
Así mesmo, o laurentino Siro Maseda recibiu un premio especial por parteo do Concello con motivo da súa participación nunha proba de 160 quilómetros polo Mont Blanc.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
