O ilusionista Pedro Volta deleitou aos que na tarde deste domingo 20 de outubro se achegaron ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros. O seu show Camiños das ilusións gustou e moito a nenos e maiores, que encheron a instalación para disfrutar dun domingo de maxia e de ilusión.
