Foz, 12 de outubro de 2013.- O BNG de Foz sae ao paso das declaracións do Alcalde no que anuncia un cambio da posición do Goberno Municipal respecto á ubicación dunha nova depuradora no Concello, apoiando a alternativa de Forxán do anterior goberno.
A necesaria separación de augas residuais das pluviais
O BNG sempre desde a responsabilidade política defendeu que a solución para as deficiencias no saneamento de Foz pasaba pola implantación dun sistema de separación previa das augas pluviais das residuais. Mesmo dentro do Plan Xeral se contempla como unha medida para mellorar os problemas co saneamento que ten Foz. Mágoa que compartindo esta opinión o PP na Xunta despois de cinco anos non fixera nada para resolvelo.
Por iso, desde o BNG instamos á Xunta de Galiza que contemple nos orzamentos dos vindeiros anos partidas significativas para ir implantando o sistema separativo de augas residuais á par da construción da depuradora.
Que a Xunta xestione o saneamento de Foz
Outra das esixencias que para o BNG é imprescindible é que a xestión do saneamento volva a mans públicas posto que a partir do ano 2017 remata a concesión coa empresa que a leva. Para o BNG, isto sería unha forma de asumir a Xunta a responsabilidade que tivo no seu momento, cando decidiu instalar a actual depuradora no Porto cos erros recoñecidos polo propio organismo de Augas de Galicia na medición de caudais e que trouxo as consecuencias que todos sabemos e sufrimos.
Por iso, o BNG insta á Xunta a asumir o saneamento do Concello e solicita do goberno municipal e da corporación defender de forma unánime esta posición diante da mesma. “O propio alcalde está entusiasmado do bo funcionamento da depuradora de Ribadeo que é de xestión pública. A Xunta pona como exemplo de boa xestión. Pois que se lle aplique o conto a Foz tamén”.
A mellor ubicación para o BNG sería no Polígono Industrial
Para o BNG é sorprendente que quedaran sen valorar as dúas últimas opcións que se deron por parte da Alcaldía e que en principio parecen mellores alternativas que a de Forxán. Hai que pensar que a situación en Forxán está nunha zona entre dúas praias bandeira azul, con gran tránsito de persoas e vehículos, con dúas areas recreativas ao lado, con vivendas a menos de trinta metros, pegada á liña de costa e por onde transcorre o paseo marítimo e se fan rotas tan recoñecidas de sendeirismo como a “rota das praias”.
Por iso, o BNG de Foz cre que a mellor das opción para situar a depuradora é sen dúbida o Polígono Industrial. Ademais de producir menos molestias estaría máis lonxe de vivendas. E ten a vantaxe de que os terreos son públicos e aforraríase en expropiacións. Polo menos, solicitamos que se contemple e se valore esta posibilidade por parte dos técnicos e para non ter que arrepentirse nun futuro.


















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



