Cervo, 1 de outubro de 2013-O curso de auxiliar de enfermería en xeriatría remata este mércores cuns bos índices de inserción laboral xa que incluso antes da finalización oficial tres alumnos dos quince participantes atoparon traballo no sector do coidado das persoas maiores. Un dato “moi positivo” segundo salientou a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, que visitou o curso xunto ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
A concelleira tamén destacou que este 20% de inserción se produce despois de que o alumnado realizase as prácticas en centros xeriátricos incluídas no curso. Armada tamén fixo fincapé en que se trata “das contratacións máis inmediatas” pero lembra que “haberá que agardar uns meses para coñecer os resultados reais de acceso ao mercado de traballo desta acción formativa”.
Ao curso, que arrincou no mes de xullo, acudiron 15 persoas desempregadas que recibiron formación durante 318 horas. En concreto, o alumnado recibiu formación teórica e tamén práctica, tanto en aula como en centros xeriátricos.
Este curso desenvolveuse a través dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar co obxectivo de proporcionarlle ao alumnado coñecementos e experiencia neste campo que lle permita desempeñar un traballo na área profesional dos coidados auxiliares.
Cabe lembrar que o Concello ten en marcha tamén outro curso, neste caso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, no que participan 15 persoas desempregadas e que se imparte na antiga escola obradoiro de Cervo. Neste caso, a acción iniciouse a finais de agosto e rematará o 29 de novembro despois de 478 horas de formación. Un curso que tamén financia ao 100% a Xunta de Galicia.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



