Este martes 29 de outubro Ovidio Fernández Sánchez visitou a biblioteca do IES Perdouro de Burela para presentarnos o seu filme documental “Shoots from Abyssinia”. O título fainos reflexionar sobre a súa posible tradución: disparando desde Abisinia mais non con balas senón coa cámara ao lombo. Etiopía, a antiga Abisinia narrase nesta viaxe ó interior do corno de África.
Ovidio Fernández traballou como cámara de TVE en Galicia e decidiu realizar esta gravación polo norte de Etiopía para mostrar unha viaxe na que un dos seus fillos adoptados vai en busca das súas orixes. Coa voz de Abdul vainos presentando unha Etiopía liberada dos tópicos, Guíamos polas súas cidades, aldeas, templos, etnias, paraxes…. ata chegar á fontes do Nilo Azul onde ten lugar un simbólico bautismo do protagonista.
Os alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistiron á proxección e realizaron algunhas preguntas sobre a seu contido.
Trátase dun documental de 100 minutos que resultou interesantísimo e que nos achegou á verdadeira situación de Etiopía na actualidade.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



