Madrid, 3 Outubro 2013. O Secretario Xeral de Infraestruturas e Presidente de SEITTSA compareceu a solicitude da deputada do BNG, Rosana Pérez para informar das partidas dos Orzamentos 2014 para Galiza.
A deputada do BNG dividiu a súa intervención en dous blocos, un adicado ás estradas e o outro ao ferrocarril. Na parte adicada ao Eixo Atlántico e ao ferrocarril salientou o esquecemento de Ferrol: “O Eixo Atlántico até Ferrol non está nas prioridades de Fomento” e tampouco a modernización da conexión Ferrol-A Coruña, “con trens do século pasado”.
Estradas: A-54, A-8, AC-14, A-52, A-57 e AP-9
No relativo ás infraestruturas viarias pendentes, formulou una serie de cuestións ao Secretario Xeral de infraestruturas e Presidente de SEITTSA. Comezou Rosana Pérez pola A-54, a autovía Santiago-Lugo, trasladando ao cargo de Fomento as informacións de empresas construtoras á Deputación de Lugo por unha orde de Fomento para que non se retomen as obras até 2015, “precisamente a data prevista de finalización”. En relación a esta cuestión, o Secretario Xeral non concretou prazos nin aclarou se as obras estaban paralizadas.
A A-8 foi outra das infraestruturas viarias reseñada por Rosana Pérez. “Hai un importante retraso na execución destas obras que impedirá que se rematen en prazo”, e preguntou a Manuel Niño González se existe unha partida destinada a arranxar os problemas provocados polas inundacións en Mondoñedo. “Debido ás obras e á choiva, producíronse importantes inundacións en Mondoñedo. Non vemos ningunha partida concreta para arranxar ese problema , por iso lle pedimos que nos aclare se existe un orzamento para isto”.
Nesta cuestión, o alto cargo de Fomento admitiu que non existe nos Orzamentos unha partida concreta para o tema de Mondoñedo e a A-8. “Non ten reflexo directo nos Orzamentos, financiarase a través do orzamento de conservación”.
Sobre a Terceira Ronda de A Coruña, a deputada do BNG puxo de manifesto que se contemplan anualidades até o 2016 “cando o prazo de finalización está marcado para o 2015. Cando se vai rematar en realidade?”. De igual xeito, pediu precisión e prazos de execución para a A-52 Vigo-Porriño e para a A-57.
Da A-52 confirmou o Secretario Xeral o seu retraso, está aínda en estudo. Da A-57 afirmou que a prioridade é a circunvalación Pontevedra.
Outra das mencións da deputada do BNG foi a AP-9, en concreto, aludiu á necesidade de mellorar o firme e adicar recursos económicos ao seu mantemento porque “teñen que facer algo máis coas autoestradas que subir peaxes. Deben solucionar os problemas de colapso que se producen á entrada e saída de Santiago”.
O Eixo até Ferrol abandonado
En canto aos ferrocarrís, a deputada nacionalista afirmou que “non só de AVE viven as infraestruturas de Galiza”. Recalcou o abandono do Eixo Atlántico até Ferrol. “Cada vez está máis claro que non está entre as súas prioridades que o Eixo Atlántico chegue até Ferrol porque a partida destinada de 15.000 euros é ridícula. Por iso sería bón que aclarara se van estender o Eixo até Ferrol ou non?”.
Nesta cuestión, o representante de Fomento sinalou que o Eixo Atlántico é até Ferrol e a fronteira portuguesa. Evidenciou a enorme demora da conexión do Eixo Ferrol-A Coruña porque “licitamos o estudo informativo pero non fomos quen de aprobalo”.
Rosana Pérez tamén mencionou o Eixo Atlántico Vigo-fronteira portuguesa, cunha partida de case 400.000 euros e sen anualidades, “que van executar con esa partida?”.
Outra das cuestións motivo de interese de Rosana Pérez foron as conexións ferroviarias cos Portos Exteriores de Ferrol e A Coruña. “Con cativas partidas, e un tremendo retraso na súa execución”. En canto ao orzamento destinado á supresión de pasos a nivel, a deputada do BNG preguntou ao representante de Fomento cantos pasos a nivel se van suprimir na Galiza? E lembrou que en menos dun mes se contabilizaron dúas mortes.
O Secretario Xeral falou da supresión de pasos a nivel na Pobra de San Xiao, en Guitiriz e no resto de Galiza pero non concretou.
A deputada do BNG foi moi crítica coa falla de investimentos para a modernización da liña ferroviaria convencional, sobre todo co tramo Ferrol-A Coruña, co nulo avanzo do plan de cercanías.
No que atinxe ás cercanías, o Secretario Xeral demostrou que a situación de parálise nese eido sigue igual: continúanse cos estudos.















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



