CERVO, 18 DE OUTUBRO. A Festa da Maruxaina non terá a subvención que prometeron dende a Xunta de Galicia. Os socialistas de Cervo sacan a relucir un escrito enviado ó Concello e firmado pola directora de Turismo de Galicia no que se transmite ó equipo de goberno a resolución definitiva de inadmisión da solicitude de axuda para esta Festa declarada de Interese Turístico de Galicia, “este documento presente no Rexistro Xeral dende finais do mes de setembro, confirma que a Xunta denega definitivamente a subvención para a Maruxaina”.
Dende o Grupo Socialista lembran que poucos días despois de que denunciásemos esta situación, “distintos cargos do Partido Popular tanto do Concello como da propia Xunta saían ós medios para desmentir as nosas palabras e confirmar o seu compromiso con tódalas Festas de Interese Turístico, sen diferencia algunha. É hoxe o día no que comprobamos unha vez máis as mentiras do PP. Non o dicimos nós, a propia Xunta resolve a inadmisión definitiva da solicitude de subvención por non presentar a documentación requerida nin alegación algunha nos prazos establecidos”.
Mentiras e pouco interese
Neste senso, os socialistas subliñan que “non só mentiron é que, aínda por riba, non cumpren coas suas obrigas e amosan a falta total de compromiso e interese polos asuntos do Concello ó non facer todo o posible para lograr dita subvención”.
Engaden que “tralas súas declaracións confiamos na súa boa fé, recoñecimos que rectificar é de sabios, e unha vez máis as súas promesas caen en saco roto. O mesmo escrito relata que se esgotou a vía administrativa, agora, dar un xiro de 180 grados suporá un gasto e un tempo a maiores que non teñen porque asumir os veciños. Agardamos unha explicación sen falsos argumentos, porque visto o visto, podémonos esperar calquera disculpa”.

















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



