O Concello de Ribadeo e a OMIX organizan o 31 de outubro a partir das 16.30 horas na Casa do Mar a festa do Samaín. Haberá obradoiros, para todas as idades, de cabazas, monicreques con luvas e lambetadas arrepiantes. Para iso recomendan levar: un par de luvas de la (ou outro material) vellas, unha cabaza, un utensilio para cortar, outro para limpiala e unha candea para poñerlle dentro. Ademais, a partir das 18.30 horas haberá desfile de cabazas para rematar na Praza 8 de maio (ao pé do Teatro), con sesión de contacontos cun percorrido pola Casa do Mar, Parque San Francisco e Catro Rúas.
