O novo secretario xeral dos socialistas da provincia de Lugo, Juan Carlos González Santín, mantivo este luns a primeira reunión da executiva que saíu elexida o pasado sábado no congreso celebrado polo PSOE, logo de que José Ramón Gómez Besteiro acadase o liderado o partido galego. Deste xeito, González Santín cumpre a palabra dada ese día a todos os militantes, poñendo en marcha, tan só dous días despois da súa proclamación, a Secretaría da Militancia.
Neste senso, explicou que, dende o día de hoxe, todos os afiliados poderán dirixirse ó seu partido e trasladar as súas propostas, a través da web, do correo electrónico ou por carta tradicional, xa que existe unha persoa dispoñible –Leticia Seara- para atender as súas peticións que, posteriormente, serán debatidas pola executiva e contestadas de forma persoal. González Santín ofrece así un partido aberto, no que cada militante poderá dirixirse á executiva provincial con todos aqueles temas que lles interesen.
Retomando a premisa de “esta debe de ser a executiva da militancia. Pegada á realidade, implicada e comprometida”, o novo líder dos socialistas de Lugo marcou este luns a folla de ruta ós novos representantes orgánicos do PSOE para dicirlles que hai que “ser a alternativa” e comezar a traballar de cara ás eleccións de 2015, fixándose como reto recuperar o maior número de alcaldías posible. A este respecto, reiterou que “xa nos puxemos mans á obra. Estamos para axudar, para traballar a reo, para que non falte de nada en cada agrupación. Será a cita do cambio na provincia, o cambio operado polo PSdeG, e avanzado na Deputación. Nos concellos onde gobernamos, deberá de consolidarse, e nos que non temos a responsabilidade de goberno, debemos alcanzala e demostrar o que sabemos facer. Empezamos xa. É o noso momento”.
Sentar as bases e novas indicacións para os departamentos creados
A nova executiva provincial acadou o 84,16% dos votos. Ademais de cumprir os criterios de paridade do partido e de incorporar un alcalde e á única alcaldesa socialista da provincia, tal e como xa fixo no seu día o novo líder dos socialistas galegos, Santín configurou novas secretarías en resposta ós obxectivos fixados no seu discurso. Deste xeito, ademais da Secretaría do Militante, creou entre outras as de Transparencia e Bo Goberno; de Economía e de Cultura e Pensiòns; o que supuxo unha renovación do 30%.
Neste senso, o novo líder dos socialistas lucenses aproveitou a xuntanza para sentar as bases do seu proxecto e definir as principais liñas de actuación tanto das áreas que decidiu manter e que foron creadas o pasado ano por Gómez Besteiro, como das de nova creación. “Queda moito traballo por diante. Neste primeiro encontro quería trasladar ó meu equipo por onde ten que remar este partido. A partir de agora, pasaremos á acción. Comeza unha etapa ilusionante para o PSOE e para a provincia”, concluíu.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



