A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá bótase de novo a andar, neste caso coa intención de disfrutar da tan entrañable Ruta da Auga de Guitiriz este próximo domingo día 13.
Sairase da Praza do Conde Santo, as 08:30 horas da mañá dirección Balneario de Pardiñas en Guitiriz, onde se emprenderá a marcha cara a Parga. Despois de recorrer uns 15 km aproximadamente chegaremos ao citado lugar de Parga, onde poderemos dar unha volta polo feirón dominical que vai ter lugar nesta localidade ese día, así como comer o pulpo nas casetas da feira ou cada un dos participantes da ruta o que considere oportuno, para que ao redor das 16 horas emprender a volta cara a Lourenzá.
O custe da ruta será de 8 € para os socios e de 12 € para os non socios e o prazo para apuntarse é ata as 14 horas do xoves día 10 de Outubro de 2013 a través dos teléfonos 982 121006 (Pepe) e 686 771113 (Emilio) ou tamén a través do correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá anima a todos aqueles amantes do senderismo e da natureza no seu estado máis puro a participar nesta ruta.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



