Mondoñedo, 16 de outubro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou, esta mañá, en Mondoñedo, na presentación da campaña Gústame o galego, unha iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) coa que colabora a Vicepresidencia da institución provincial. No acto tamén estiveron Xusto Fernández Haro, concelleiro de Cultura de Mondoñedo; Sino Seco García, en representación da CTNL; e Miguel Souto en nome da comisión de festas das San Lucas.
Co gallo da Festa das San Lucas convocouse un concurso de lemas a través das redes sociais de Facebook e Twitter ao que se presentaron máis de cincuenta propostas, todas elas co galego e as San Lucas como temática. Resultaron gañadores dous lemas presentados vía Facebook, o do mindoniense Gonzalo García, que reside en México e cuxo premio recolleu o seu pai no seu nome, que presentou o lema “Gústame que as San Lucas falen galego”; e o de Pepe Díaz García, con “Gústame escoitar como se fala o galego nas San Lucas de Mondoñedo”. No twitter resultaron seleccionadas as propostas de Ángel Sordo e Asun Carreiras, con “Gústame que nas San Lucas se pida o ‘polbo á feira’ en galego”, e “Gústame a Feira das San Lucas porque soamente ela e capaz de presentar o outono en galego”.
A campaña Gústame o galego non para de sumar apoios para a normalización lingüística e xa son máis de 5.000 as persoas, de todas as idades, profesións e lugares do país, que xa se retrataron con algún dos arredor de 50 lemas propositivos da campaña, máis de 10.000 as persoas seguidoras en Facebook, máis de 50 as sesións de photocall, e un alcance na rede que nalgunhas semanas se achega ás 70.000 persoas.
Esta iniciativa da CTNL que desde que se puxo en marcha o en decembro do ano pasado xa fixo máis de 50 paradas en concellos, institutos, festivais, campamentos de diferentes vilas e cidades galegas, vai seguir percorrendo o país para espallar mensaxes a prol da lingua e seguir sumando apoios para o proceso de normalización lingüística. Este venres, a parada será en Mondoñedo, de 17:00 a 20:00 horas na praza do Concello e a partir das 21:00 horas na praza da Catedral, ata que día comezo o concerto programado para esa noite.
Antonio Veiga só tivo palabras de agradecemento para a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. Neste sentido, afirmou que “a lingua e a cultura propias dun país son un elemento imprescindible para facer posible o progreso social e o desenvolvemento económico. Desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoiamos esta campaña, e o labor da CTNL porque traballa na liña de garantir os dereitos do pobo galego a manter e desenvolverse no seu idioma”.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



