A Asociación Gastronómica de A Pontenova, en colaboración con Viajes Lucus, organiza unha viaxe a Santoinho o sábado 9 e domingo 10 de novembro que inclúe a comida do bacalao en Vilanova de Cerveira e unha mariscada en Cambados. O prezo, 100 euros, inclúe a viaxe en autobús, a comida con bacalai, entrada e cea no Santoinho, hotel e almorzo, mariscada en Cambados e seguro da viaxe. A saída está prevista para o sábado pola mañá para Vilanova de Cerveira, comida do bacalao á portuguesa e pola tarde tempo libre para ir ao mercado. Á noite festa rachada no Santoinho onde se cearán castañas, sardiñas, vitela, caldo verde, xarros de viño… e ás doce da noite bebida do champorreau para quentar o coropo aínda máis, e baile con demostracións da malla e bailes rexionais portugueses nos que participaremos. Á unha da mañá saída para Cambados para hospedarse. Pola mañá haberá tempo libre e a mediodía gran mariscada no hotel. As prazas son limitadas. Os interesados pódense informar e facer as súas reservas nos teléfonos 982 043 000 ou 658 240 815 e en viajeslucus.com.






















A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



