Foz, 30 de novembro de 2013. A asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz organiza a Festa do Viño Galego e do Porco Celta na ponte da Constitución, concretamente os días 6 e 7 de decembro, venres e sábado. Este evento gastronómico celebrarase en 23 establecementos hostaleiros da localidade.
Os locais participantes no festexo son A Funcional, A Maseira, A Rula, Bar Acuario, Bar Oiche, Cafetería Dallas, Cafetería May-Ros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Xoyma, Cervecería Fina, Cervecería Portovello, Fraggle Rock, Hostal O Norte, Hotel Restaurante Leyton, Mesón O Tangarte, Náutico Centro Social, O Tangarte Mariñeiro, Pizzería A Soalta, Pizzería Xoíña, Restaurante As Brasas, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy e Restaurante O Lar.
O prezo da tapa de porco celta será de 1 euro.
Ademais o día 7 de decembro, sábado, Acia Foz levará a cabo a terceira e última das visitas guiadas programadas polo de agora á basílica de San Martiño. Aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados poderán conseguir gratuitamente os tíckets para participar nesa actividade. A saída do autobús está prevista para as 11:30 da mañá dende as proximidades da praia da Rapadoira e ás 11:40 pasará polas inmediacións da Casa do Concello. A volta será ás 13 horas.