A Mariña, 29 de novembro de 2013. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña denunciou o traslado de persoal facultativo dende o Hospital da Costa, tamén dende o de Monforte, para reforzo de servizos no Hospital Lucus Augusti de Lugo. Unha vez mais vemos como os recortes masivos aplicados pola Consellaría de Sanidade en sanidade pública, sumado á aplicación do Decreto de Xestión Integrada, teñen como consecuencia o desmantelamento de servizos sanitarios, o afastamento da atención sanitaria da xente, e o desmantelamento progresivo do Hospital da Costa e os centros de saúde da comarca.
Traslado de persoal sanitario da comarca ao HULA para reforzo de servizos
A partir do 10 de decembro persoal sanitario do Hospital da Costa – cando menos unha especialista e unha enfermeira de prevención de riscos laborais – terán que ir reforzar, varias veces por semana, este servizo no HULA, sumándose tamén a este traslado forzoso persoal do Hospital de Monforte. Ademais a área de contabilidade do Hospital da Costa deixará de existir a partir do 1 de xaneiro, perdéndose cando menos seis postos de traballo no centro mariñao que nalgún caso, ao igual que cos servizos de prevención, serán derivados a Lugo.
Estas e outras evidencias, son probas de que o Decreto de Xestión Integrada non so elimina a autonomía de xestión sanitaria do Hospital da Costa, tamén camiña cara o seu desmantelamento e defunción.
Para a plataforma, ao propio decreto hai que engadir un xerente executivo de Burela sen competencias e un Xerente de Atención Integrada de Lugo, á súa vez é xerente do HULA, decidido a recoller o premio da degradación e da sanidade comarcal a favor da provincial. Para isto non ten ningún reparo en ordenar traslados forzosos de doentes e persoal sanitario da comarca como está a suceder con persoas afectadas por diferentes patoloxías, xa sexa para probas diagnósticas ou intervencións.
Os dirixentes políticos do PP na comarca, cómplices necesarios no desmantelamento da sanidade pública na comarca.
A Plataforma unha vez mais volve denunciar as mentiras da Consellaría de Sanidade, dos alcaldes e dirixentes políticos do Partido Popular na Mariña, que foron cómplices necesarios para aprobar un Decreto de Xestión Integrada que afasta os servizos sanitarios da poboación e vai camiño de converter o Hospital da Costa nunha pequena sucursal do HULA, xusto o contrario do que toda esta xente afirmaba antes da súa aplicación.
A Plataforma apoia a folga do persoal sanitario do 9 e 10 de decembro e participará na mobilización prevista o día 10 en Burela.
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, sumarase á mobilización convocada por sindicatos sanitarios o próximo 10 de decembro en Burela e apoia a folga convocada polos sindicatos do sector para os próximos 9 e 10 de decembro.
A Plataforma fai súas as reivindicacións dos sindicatos sanitarios contra as políticas de desmantelamento e privatización da sanidade pública e fan un chamamento á sociedade mariñá a participar e apoiar a manifestación que sairá do Hospital da Costa ás 20:30 do día 10.




















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



