A peña Deportivista de Burela ten organizada unha viaxe para o vindeiro domingo 24 de novembro de 2013 co obxecto de ir apoiar ó noso clube a Ponferrada, nun encontro que comezará ese mesmo domingo ás 18.15 horas. “Aproveitando que agora temos un burelao gozando de minutos no noso club, que mellor maneira que ir gozar do seu xogo á comarca do Bierzo”, manifestan dende a Peña que informa da saída dende a estación de autobuses o propio domingo ás 09.00 horas. O xantar en Ponferrada atópase incluído no prezo da viaxe (60 euros para os socios e 70 para os que non o son) xunto á entrada e o desprazamento. Os interesados poden anotarse ata o mércores 20 ás 21.00 horas nos teléfonos 680 494 228 (Toni), 669 381 643 (Patxeco).
A peña Deportivista de Burela viaxa a Ponferrada
A peña Deportivista de Burela viaxa a Ponferrada
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón